SERVIZO INTERRUMPIDO POR FALTA DE VOLUNTARIAS
En Teta e Coliño traballamos sen ánimo de lucro en prol das familias, baseándonos nos principios de comunidade e solidariedade, aproveitamento de recursos locais e fomento do ecoloxismo familiar.
Ata o
momento empregamos esta base de traballo
para ofrecer reunións de familias, asesoría
en lactancia, apoio na crianza, realización de actividades de interese,
colaboracións… e agora temos a satisfacción de compartir con vós unha nova
iniaciativa: a posta en marcha do noso BANCO DE TROCO.
¿Por qué trocar?
Os artigos
que embarazadas e bebés precisan adoitan ser caros, empregarse por un moi curto
periodo de tempo e quedar, na maioría dos casos, nun estado de conservación
excelente. Todos eses enseres adoitan
quedarse xa a vivir nos armarios e trasteiros. Unha auténtica mágoa, especialmente nos
tempos que corren!
Por iso pensamos que sería estupendo poder darlles unha
segunda vida, facéndoos chegar a outras familias e evitándolles así un gasto innecesario. Mesmo, idealmente, que esas
familias puideran ir recibindo o que necesitasen, aportando a cambio aquilo que
xa non usen. Isto xera un ciclo de reciclaxe e anti-consumismo. Un proxecto
solidario, bonito e útil!
¿En que
consiste o Banco de Troco Teta e Coliño?
Contamos cun fondo de roupa e outros artigos para bebés, nenos e embarazadas. Calquera persoa pode colaborar doando ou intercambiando artigos. Os trocos levanse a cabo mediante un sistema de puntos.
¿Quen pode usalo?
¿Quen pode usalo?
As socias de Teta e Coliño, que estean ó día na cota.
As amigas do Banco de Troco (consulta condicións).
¿Como
funcionan os puntos?
Para facer o
troco o máis xusto posible, cada obxecto leva adxudicado un número de
puntos. Para establecelo, as
responsables do Banco guíanse por un baremo (tipo de artigo e estado de
conservación). A familia interesada pode
levar os obxectos da súa elección sempre que dispoña dos puntos necesarios.
Os puntos
obtéñense aportando artigos ó Banco, ou ben comprando un boleto de puntos (os
beneficios obtidos revirten no mantemento do Banco).
Os puntos pódense empregar en calquera momento. Non caducan.
¿Cómo podo
coñecer o contido actual do Banco de Troco?
Pinchando aquí tedes a páxina en facebook: Banco de Troco. Nela, entrando nos diferentes álbums de fotos, pódese comprobar que artigos hai
dispoñibles nese momento e facer
reservas sobre eles.
As reservas só se poderán facer se se dispón dos puntos necesarios, e cun máximo de 15 días (1 mes para socias).
As reservas só se poderán facer se se dispón dos puntos necesarios, e cun máximo de 15 días (1 mes para socias).
De maneira
periódica, Teta e Coliño expón o contido do Banco nos chamados "ENCONTROS DE TROCO", para que todas as familias interesadas
acudan a ver os artigos en persoa e, se lles interesa, realizar trocos. As datas anúncianse mediante o blog e facebook (aproximadamente cada 2 meses).
Onde se entregan e recollen os artigos?
-Nas reunións de Teta e Coliño. Podes ver as datas pinchando aquí: REUNIÓNS
-Nos Encontros de Troco.
-A domicilio ou noutro lugar acordado, en casos especiais.
-En caso de doazóns, Teta e Coliño recolle a domicilio. Se por cuestión de distancia é necesario o envío, a asociación faise cargo dos portes.
-Nos Encontros de Troco.
-A domicilio ou noutro lugar acordado, en casos especiais.
-En caso de doazóns, Teta e Coliño recolle a domicilio. Se por cuestión de distancia é necesario o envío, a asociación faise cargo dos portes.
Como podo
colaborar?
Podes
colaborar de catro maneiras:
-Doando as
cousas que non utilices, quedaremos moi agradecidas polo teu xesto solidario!
-Acudindo ós
encontros de troco. Se tes artigos dispoñibles podes traelos e levar os teus puntos… e se ves algo que che guste, facer alí mesmo o troco.
-Facéndote voluntaria do Grupo de Traballo do Banco de Troco: xa sexa de maneira continuada (recollidas e entregas, puntaxe e etiquetado...) ou de forma puntual en momentos de máis carga de traballo (entrada de lotes grandes, colocación de roupa nos encontros de troco...). Contacta con nós, toda axuda é moi benvida!!
-Facéndote voluntaria do Grupo de Traballo do Banco de Troco: xa sexa de maneira continuada (recollidas e entregas, puntaxe e etiquetado...) ou de forma puntual en momentos de máis carga de traballo (entrada de lotes grandes, colocación de roupa nos encontros de troco...). Contacta con nós, toda axuda é moi benvida!!
-Axudando a
difundir o Banco de Troco entre as túas amizades, o cole do teu peque, as
tendas do barrio, etc. Podes contalo, compartir este enlace… e se che
apetece, pídenos folletos!
Para
calquera aportación, dúbida ou aportación que queiras facer, ponte en contacto con Noelia Prieto (651082881), ou ben escríbenos á páxina: Banco de Troco en facebook
A
TROCARRRRRRRR!!!!