jueves, 1 de diciembre de 2016

Calendario do mes de decembro e últimas actividades do ano en Teta e Coliño.


Calendario do mes de decembro e últimas actividades do ano en Teta e Coliño.
Vos recordamos que todas as reunións son de asistencia libre e gratuíta, acompañantes incluídos!
Os obradoiros tamén son gratuítos pero con aforo limitado e polo tanto inscrición previa, non deixes pasar a oportunidade e anótate no mail correspondente.




As últimas reunións deste 2016 terán un aire distinto, aproveitaremos que están preto as festas para convertelas nunha merenda de familias, sen afastarnos da esencia das reunións habituais. Por isto vos convidamos a traer algo para picar, froita, pasteis, zumes,... o que vos apeteza, e compartilo co resto de familias que alí estaremos. Serán estas tres, unha por sede, coma sempre con asistencia libre e gratuíta.
Agardámosvos!!

Obradoiro de porteo en inverno e á espalda en Vigo



Teta e Coliño ofrece o seu obradoiro "Porteo en inverno e á espalda". 

Anota a data e corre a apuntarte!!

Día: sábado 10/12/2016
Hora: 11:00h
Lugar: Saiáns (Vigo). Baixada á praia, 83

Asistencia gratuíta. Aforo limitado. Inscrición previa en tetaecolinhovigo@gmail.com, indicando: 
-Nome e apelidos
-Idade do bebé
-Socia / non socia

martes, 15 de noviembre de 2016

Cambio de datas reunións Ames

As reunións do grupo de lactancia e do grupo de porteo de Teta e Coliño Ames precisan cambiar de datas e horario. 
Estas serán as datas de novembro e decembro:

Grupo de lactancia: Casa de Cultura de Milladoiro
Venres 25 de novembro, 11:00 a 13:00h
Venres 16 de decembro, 11:00 a 13:00h

Casa de Cultura de Milladoiro

Grupo de porteo: Pazo da Peregrina (Bertamiráns) 
Xoves 24 de novembro, 17:00h a 19:00h


Como sempre, asistencia libre e gratuíta. Non é necesaria inscrición previa.

miércoles, 12 de octubre de 2016

Presentación do libro "La Magia de la leche"



A nosa asociación ten o pracer de contar con Sylvie Riesco, nai e asesora de lactancia, colaboradora do grupo de apoio á lactancia e á crianza LACTARD, que presentará o seu libro "La magia de la leche. Historias de amor con mucho sabor".
Tecido entre mulleres, escoitados os pais e acompañado por profesionais da saúde, este libro invítanos a entender a lactancia materna como outra forma de criar. É alimento, consuelo, vínculo, relación, sabor ó outro, amor… é, simplemente maxia. 
É importante ter en conta que os fondos recadados irán integramente á investigación de enfermedades raras (FEDER). Tamén colabora coa Asociación Aladina, para que os rapaces con cancro non perdan o sorriso. 

As datas e lugares son os seguintes: 
-14/10/2016, ás 17:30h. Biblioteca do Casco Vello (VIGO).
-15/10/2016, ás 11:30h. Biblioteca Municipal do Castrillón (A CORUÑA). 

 Asistencia libre ata contemplar aforo.
Agradecemos difusión.

martes, 4 de octubre de 2016

SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA 2016



Unha das datas máis esperadas polos grupos de apoio á lactancia é a Semana Mundial da Lactancia Materna, que vén coordinada por WABA (Alianza Mundial pro-lactancia materna) e respaldada por OMS-UNICEF. Esta celebración é de ámbito mundial no mes de agosto, pero dado que nesas datas en Europa estamos en pleno periodo vacacional, aquí realizamos os actos do 1 ó 7 de outubro. 
O lema da Semana 2016 é “Lactancia materna: Clave para un Desenvolvemento Sostible” http://www.aeped.es/comite-lactancia-materna/noticias/semana-mundial-lactancia-materna-2016 

E como teta e colo van sempre xuntos, celébrase tamén a Semana Internacional da Crianza en Brazos, lanzada pola Asociación Babywearing International. Este ano será entre o 5 e o 10 de outubro, co lema “O mellor lugar”. 

En Teta e Coliño estaremos celebrando ambas durante todo o mes de outubro, coa seguinte programación:

Sábado 1, 11:00-13:00h. Obradoiro de porteo e lactancia. VIGO. Con inscrición previa. PRAZAS COMPLETAS!! 

Sábado 1, 11:00-13:00h. Reunión de lactancia. A CORUÑA. Asistencia libre

Mércores 5, 17:00-19:00h. Obradoiro de masaxe infantil e crianza con apego. MILLADOIRO (AMES). Con inscrición previa. PRAZAS COMPLETAS!! 

Xoves 6, 17:00-19:00h. Coloquio “O que ninguén che contou sobre a lactancia materna”. VIGO. ÚLTIMAS PRAZAS!! Apúntate aquí: Inscricións Vigo 

Xoves 6, Xornada de celebración. Mesa informativa, mostra de libros de lactancia e de portabebés, servizo de asesoría en lactancia e pintacaras infantil. A CORUÑA. Asistencia libre 

Venres 14 (pendente de confirmar horario). Presentación do libro “La magia de la leche”, de Sylvie Riesgo. VIGO. Asistencia libre 

Sábado 15. 11:30h. Presentación do libro “La magia de la leche”, de Sylvie Riesgo. A CORUÑA. Tamén haberá paralelamente servizo de asesora en lactancia para calquera persoa que a necesite. Asistencia libre. 

Mércores 19. 17:00-19:00h. Reunión de porteo. MILLADOIRO (AMES). Asistencia libre. 

Xoves 20. 17:00-19:00h. Reunión de lactancia. VIGO. Asistencia libre 

Mércores 26. 11:00-13:00. Obradoiro de masaxe infantil e crianza con apego. VIGO. Con inscrición previa. PRAZAS COMPLETAS!! 

Mércores 26. 17:00-19:00h. Reunión de lactancia. MILLADOIRO (AMES). Asistencia libre 

Sábado 29. 11:00-13:00h. Reunión de porteo. VIGO. Asistencia libre 

Sábado 29, 11:00-13:00h. Charla sobre Plan de Parto. A CORUÑA. Con inscrición previa. Prazas dispoñibles!!


Para máis información, escríbenos!!

  • Teta e Coliño Ames: tetaecolinho@gmail.com
  • Teta e Coliño A Coruña: tetaecolinhocorunha@gmail.com
  • Teta e Coliño Vigo: tetaecolinhovigo@gmail.com


FELICES CELEBRACIÓNS DA LACTANCIA 
MATERNA E DA CRIANZA EN BRAZOS!!

miércoles, 21 de septiembre de 2016

Alimentación autorregulada e BLW, A Coruña

Teta e Coliño ofrece o seu obradoiro "Alimentación autorregulada e Baby Led Weaning". 

Apunta a data e corre a apuntarte!!

Día: sábado 24/09/2016
Hora: 11:00h
Lugar: Centro Cívico do Castrillón (A Coruña)

Asistencia gratuíta. Aforo limitado. Inscrición previa en tetaecolinhocorunha@gmail.com indicando: 
-Nome e apelidos
-Idade do bebé
-Socia / non socia

martes, 20 de septiembre de 2016

Retomamos grupos de porteo

A partir de setembro tamén seguimos adiante cos grupos de porteo Teta e Coliño:

-Porteo Milladoiro (Ames). Todos os terceiros mércores de mes, de 17:00 a 19:00h. Na Casa de Cultura. 

-Porteo Vigo. Últimos sábados de mes (agás decembro) de 11:00 a 13:00h. No Centro Cívico de Saiáns.

Asistencia libre e gratuíta. Trae os teus portabebés ou vén probar os que temos de mostra! servizo de préstamo para socias. 

jueves, 1 de septiembre de 2016

Continuamos reunións en A Coruña- setembro 2016

Ata novo aviso, as reunións de lactancia Teta e Coliño en A Coruña seguerán sendo ó aire libre, no PARQUE DE EIRIS (ó lado do tobogán). 
A próxima reunión será o SÁBADO 3 DE SETEMBRO, a partir das 11:00h. Asistencia libre e gratuita.

martes, 30 de agosto de 2016

Continuamos reunións en Milladoiro - setembro 2016

REUNIÓNS DE LACTANCIA EN MILLADOIRO (AMES)

En setembro retomamos as nosas reunións de lactancia. Igual que na temporada pasada, serán cada segundo e cuarto mércores de cada mes. O horario adiántase un pouquiño: de 17:00 a 19:00h. Coma sempre, xuntarémonos na Casa de Cultura.

Asistencia libre e gratuíta. Non é necesario apuntarse. Primeira reunión do mes: MÉRCORES 14/09/2016. Fai correr a voz!!

domingo, 28 de agosto de 2016

Continuamos reunións en Vigo - setembro 2016

REUNIÓNS DE LACTANCIA EN VIGO

Na temporada 2016-17 seguirémonos reunindo os mesmos días, horario e lugar que na temporada pasada: primeiro e terceiro xoves de cada mes, de 17:00h a 19:00h, na Asociación de Veciños Novo Vigo (Navia). 

Asistencia libre e gratuíta. Non é necesario apuntarse.

Primeira reunión do mes: XOVES 01/09/2016. Fai correr a voz!!

sábado, 6 de agosto de 2016

Obradoiros de masaxe infantil, agosto 2016

OBRADOIROS DE MASAXE INFANTIL E CRIANZA CON APEGO 

Dirixidos a familias con bebés ata 12 meses

Obxectivos: coñecer que beneficios aporta o tacto nutritivo que podo ofrecer ó meu bebé mediante a masaxe infantil, desde unha relación de respecto e amor. Aprender secuencias básicas de movementos de estimulación e de relaxación. 

Prazas moi limitadas (grupos de entre 5 e 8 familias por obradoiro). Máximo dous adultos por bebé. 
Imprescindible a inscrición previa. Asistencia gratuíta para socias.

Datas e lugares:

A CORUÑA
Venres 12 de agosto 2016, de 17:00h a 19:00h no Centro Cívico do Castrillón. Infomación e inscricións: tetaecolinhocorunha@gmail.com 

VIGO 
Venres 19 de agosto 2016, de 11:00h a 13:00h na Asociación de Veciños NovoVigo de Navia. Infomación e inscricións: tetaecolinhovigo@gmail.com




jueves, 4 de agosto de 2016

Reunións de verán - agosto 2016

Teta e Coliño continúa en agosto coas súas xuntanzas de verán ó aire libre, mentres o tempo acompañe. Estas son as novas datas:

A CORUÑA. Sábado 06/08, a partir das 11:00h no parque de Eirís (ó lado do tobogán)

VIGO. Xoves 11/08, a partir das 17:30h nos Xardíns de Quiñones de León.

A CORUÑA. Sábado 20/08, a partir das 11:00h no parque de Eirís (ó lado do tobogán)

miércoles, 13 de julio de 2016

Reunións de verán - xullo 2016

Aquí vos deixamos as datas das reunións Teta e Coliño de xullo, que se o tempo acompaña serán ó aire libre. Búscanos na sombra! e lembra traer unha toalla para instalarte no chan ;-) 

XOVES 14 de xullo. VIGO: LACTANCIA E PORTEO. Xardíns de Quiñones de León. A partir das 17:30h. 

SÁBADO 16 de xullo. A CORUÑA: LACTANCIA. Parque de Eirís. A partir das 11:00h.

LUNS 18 de xullo. NOIA: LACTANCIA E PORTEO. Paseo Marítimo, ó lado do parque infantil, enfrente da Estación de Autobuses. A partir das 17:30h.


viernes, 24 de junio de 2016

Obradoiro de solo pélvico en Milladoiro

Teta e Coliño convídavos á charla-obradoiro sobre solo pélvico, impartido por Laura Gómez, fisioterapeuta de FisioGDS, especializada en preparación ó parto, recuperación postparto e reeducación do solo pélvico. 
A actividade é de acceso gratuíto, con inscrición previa no correo da Asociación.

Día: mércores 29 de xuño 2016
Hora: 17:30h
Lugar: Casa de Cultura de Milladoiro (Ames)
Correo de inscrición: tetaecolinho@gmail.com



miércoles, 22 de junio de 2016

Obradoiro de porteo A Coruña, xuño 2016

A Asociación Teta e Coliño ofrecerá este fin de semana un obradoiro de iniciación ó mundo do porteo, na súa sede de A Coruña

A actividade está dirixida a toda persoa interesada en informarse sobre o porteo ergonómico de bebés, e tamén a todas aquelas familias que xa crían porteando e que queiran acudir a compartir a súa experiencia.

A asistencia é gratuíta, só é necesario apuntarse previamente no correo.

Día: sábado 25 de xuño 2016
Hora: 11:00h
Lugar: Centro Cívico de Castrillón (A Coruña)
Correo inscricións:  tetaecolinhocorunha@gmail.com 



viernes, 3 de junio de 2016

Peche Banco de Troco


Boas!! Cunha mistura entre ledicia e tristura vos anunciamos o último encontro de troco.
Terá lugar o sábado 11 de xuño en Francos 
(Rúa de Francos, 76, Calo. 15866 Teo) 
https://goo.gl/maps/XJj2G6ZfAz22















Como ben sabedes nestes momentos non temos voluntarias suficientes para facernos cargo del, as que estamos centramos as nosas forzas en temas que pensamos teñen maior repercusión para a asociación e beneficios para as nosas socias. Así que con moita pena damos por pechada unha etapa, liquidaremos todo o que quede no banco de troco, primeiro canxeando os puntos que vos queden e logo repartiremos o que sobre. 

Para organizalo ben, aquelas persoas que aínda teñan puntos poden achegarse pola mañá, a partires das 11:30. Pola tarde de 16:30 a 18:30 o banco estará aberto para toda aquela persoa que queira retirar roupa, gratuítamente, de entre toda a que quede. Finalmente, se aínda sobrasen cousas, serán doadas a algunha asociación sen ánimo de lucro que o precise. 
No banco queda moita roupa de embarazada e bebé pequeno, así que se coñecedes a alguén interesado, por favor, facédelle chegar esta información. Esta roupa está en perfectas condicións, emprégase moi pouco tempo e é unha pena que estea aí gardada podendo levala gratis para darlle outra oportunidade.

Agardámosvos!!

miércoles, 18 de mayo de 2016

Inauguración Teta e Coliño A Coruña


O pasado 28 de abril tivemos a inauguración da nova sede de Teta e Coliño na cidade da Coruña, no Centro Cívico dos Mallos, á que asistiron unhas 30 familias. 

Noelia Prieto, presidenta da asociación, ofreceunos unha charla-coloquio titulada “Criando e creando vínculos. Crianza consciente e grupos de apoio mutuos”. Nela tratáronse varios temas, coma por exemplo, a maternidade noutras culturas onde as nais tiñan uns referentes e estaban acompañadas, en comparación coa maternidade actual onde a soidade e a falta de empoderamento das nais está presente. Falou tamén sobre a importancia da tribu, sobre a presión que a sociedade exerce sobre as nais as cales teñen que ser as de antes o máis rápido posible, o que moitas veces as levan a utilizar modelos de crianza baseados no adestramento e obxectos que “sustitúen” a presenza da nai. 
Ó final da charla fíxose unha pequena xuntanza onde as familias conversaron acerca das súas experiencias e inquedanzas. 


Recordarvos que as reunións terán lugar no Centro Cívico do Castrillón (Plaza de Pablo Iglesias S/N) os primeiros e terceiros sábados de mes, de 10.30h a 12:30h. Agardámosvos!


domingo, 8 de mayo de 2016

O Banco de Leite do CHUS



O pasado 4 de abril 2016, cinco voluntarias de Teta e Coliño -xunto con compañeiras doutras Asociacións pro-lactancia da provincia de A Coruña- acudimos ó Hospital Clínico de Santiago, convidadas por Olalla López, neonatóloga e coordinadora do futuro Banco de Leite.
A actividade consistiu nunha charla-presentación do proxecto do Banco, que se ubicará na Unidade de Neonatoloxía do Hospital, e que xa ultima preparativos para a súa apertura.
O Banco de Leite comezará cun alcance local, pero espera máis adiante ofrecer os seus servizos a toda a zona Norte de Galicia (provincias de A Coruña e Lugo). Segundo expresou a coordinadora, non se limitará á recollida, procesamento e administración de doazóns de leite materno, senón que realmente vén enmarcado nuns obxectivos máis amplos de promoción e apoio á lactancia.
Durante a súa exposición, Ollala López realizou un percorrido por aspectos como: equipo humano; motivación para a creación do Banco, coa consideración do leite materno como auténtica medicina para as necesidades dos lactantes (expostos a serios riscos en caso de non recibilo); perfil dos destinatarios, con preferencia para bebés moi prematuros e para aqueles con situacións médicas complicadas; requisitos para ser doante; facilidades ofertadas polo Banco para animar as doazóns; protocolo para a extracción do leite, almacenamento e transporte á Unidade; proceso de análise microbiolóxica e método de pasteurización; conservación e administración; control dos resultados, etc.



A continuación, as asistentes tivemos a oportunidade de realizar preguntas, resolver dúbidas e compartir impresións, no que resultou un coloquio a varias bandas moi enriquecedor.
Por último, Olalla acompañounos a coñecer as instalacións do Banco, que ocupan a antes coñecida como “sala de biberonería”. O Banco disporá de dúas pasteurizadoras, varios conxeladores industriais, e outros aparatos para a análise e tratamento do leite; así como dun despacho destinado ás entrevistas coas doantes.


       

As voluntarias Teta e Coliño opinamos que o Banco de Leite trátase unha iniciativa que viña sendo moi necesaria, e que posiblemente movería ás nosas socias e usuarias (a maior parte delas, potenciais doantes). Así que esta vez fomos nós as que estendimos unha invitación á coordinadora a acudir á nosa sede local, que ela de seguida aceptou.


O 4 de maio tivo lugar a charla “Banco de Leite do CHUS” na Casa de Cultura de Milladoiro, sede local de Teta e Coliño. Nesta ocasión achegouse información verbal e visual ás nais interesadas, repartíronse folletos e tamén se seguiu debatindo sobre a realidade da lactancia (en especial no ámbito hospitalario).
Nesta liña, valorouse como establecer colaboracións sinxelas dos nosos Grupos de Apoio Nai-a-Nai co Banco de leite e Neonatoloxía, cun obxectivo en común: traballar pola saúde das familias e por unha maior satisfacción na súa lactancia e crianza. A atención precoz e multidisciplinar, co aproveitamento de todos os recursos do sistema, é un punto clave.



Esperamos compartir moi pronto a nova da apertura do Banco de Leite do CHUS. Animámosvos a contactar xa co seu equipo no seguinte correo: blm.neo.santiago@sergas.es ou no teléfono 981 955 623
Para información máis detallada pódese visitar a páxina do Sergas do Banco de Leite Materno http://goo.gl/pGZ2DK
Tamén vos recomendamos a lectura e consulta da “Guia da lactancia materna” elaborada polo Sergas https://libraria.xunta.gal/es/guia-de-lactacion-materna na cal a nosa asociación colaborou para a súa elaboración.


Os nosos agradecementos a Olalla López, polo seu valioso traballo e a súa dispoñibilidade; así como a todas aquelas persoas que, cada unha desde o seu campo, fan posible que cada vez máis familias se beneficien de mellores prácticas de lactancia e de coidado materno-infantil. O voso esforzó sempre pagará a pena.

jueves, 21 de abril de 2016

Charla sobre Alimentación Complementaria Autorregulada - BLW

O Baby Led Weaning (BLW) está en auxe. Teta e Coliño apoia ás nais e pais que tentan facer da hora da comida un momento para disfrutar en familia. BLW é a forma máis natural en que os bebés poden comezar a alimentación complementaria pois o seu obxectivo é que os nenos aprendan a comer sólido tal e como o fai o resto da familia, sen papillas. Parece que nos últimos anos aumenta o interese por este tema, aínda que as recomendacións en canto a nutrición infantil son moitas veces anticuadas e carecen de consenso entre os expertos.

Dende a Asociación impartimos unha charla-coloquio para aclarar estas dúbidas e explicar en qué consiste a alimentación complementaria autorregulada (BLW). Tivo lugar na sede do Milladoiro, na casa da cultura o día 6 de abril da man de voluntarias con moitos meses de experiencia propia neste tema.

Á cita acudiron pais e nais que tiveron a oportunidade de escoitar a experiencia destas mamás cos seus fillos á hora de comezar a AC directamente con sólidos. Durante o obradoiro explicáronse conceptos básicos para levar a cabo un correcto  BLW: que o bebé se manteña sentado, que perdera o reflexo de extrusión, que mostre interese pola comida,... Ademais de  responderen ás númerosas dúbidas respeito a cómo preparar os alimentos e cómo ir ofrecendoos pouco a pouco.  Tamén xurdiron numerosas preguntas relacionadas co atrangantamento, e púidose comprobar que este é o maior temor que teñen os pais á hora de introducir sólidos na alimentación dos seus pequenos.  Estes medos desapareceron ao comprobar cómo outros nenos da asociación foron alimentados de este xeito e hoxe en día teñen una saudable relación coa comida.

Para completar o obradoiro recomendáronse a lectura dunha serie de libros que amplían a información grazas a recoñecidos expertos na materia que aportan datos científicos:

- “Mi niño no me come”, Carlos González.
- “El niño ya come solo”, Gill Rapley.
- “Se me hace bola” , Julio Basulto.
- “Mamá come sano”, Julio Basulto.


Por suposto existen moitos máis. Agardamos que fose de proveito para as familias presentes e que pronto teñamos novas de cómo foi evolucionando a relación desas crianzas coa comida. Grazas a todas por vir!



---Información Complementaria Autorregulada---
- Web Julio Basulto: http://Juliobasulto.com
- Conferencia Carlos González: "alimentación infantil libre de papillas": http://www.youtube.com/watch?v=vKioOmhIfGU
- Charla Carlos González, "la alimentación de tu bebé, consejos y recomendaciones": 
http://www.youtube.com/watch?v=3HfLkSZHIkM
- Primeiros auxilios no atragantamento do bebé: http://www.youtube.com/watch?v=SrSuzb9uOZY


miércoles, 20 de abril de 2016

INAUGURACIÓN NOVA SEDE: A CORUÑA


Seguimos medrando.

O vindeiro xoves 28 de abril inauguramos na cidade de A Coruña a nosa nova sede. O acto terá lugar ás 17:30 da tarde no Centro Cívico Os Mallos (Avda. de Arteixo, 147).
Presentarémonos como Asociación, sen ánimo de lucro, pro-lactancia e crianza con apego, falaremos de todas as características que fan da nosa asociación un gran punto de encontro entre familias, qué é iso do apego, cómo podemos nós axudar a mamás e papás recentes ou xa con nenos grandes, qué actividades temos programadas e moitas cousas máis.

Convidámosvos a todos e todas a pasar con nós unha tarde entretida e en familia, desfrutar do ambiente que se respira en Teta e Coliño e por suposto tomar nota das reunións que terán lugar a partires do mes de maio, cada 1º e 3º sábado do mes, no Centro Cívico de Castrillón de 10.30 a 12.30 hs.

Calquera cousa non dubidedes en contactar con nós en calquera dos nosos correos
tetaecolinhocorunha@gmail.com
tetaecolinho@gmail.com
tetaecolinho.comunicacion@gmail.com

Agardámosvos!!

jueves, 14 de abril de 2016

Obradoiro de porteo con bebé pequeno en Vigo


O pasado sábado 2 de abril tivo lugar en Vigo, no Centro Cívico de Saiáns un obradoiro de porteo con bebé pequeno. As nosas voluntarias Rebecca Casais e Jessica Montero colleron a batuta desta actividade na que o número de prazas se quedou corto ante tanta demanda por parte das familias. 

A xente chegou moi puntual e bastante informada. Tocáronse temas básicos no eido do porteo, como poden ser porteo ergonómico, seguridade en porteo con bebés acabados de nacer ou os diferentes tipos de portabebés que se poden empregar antes dos 6 meses. 

Cada mamá traía o seu portabebés para aprender a utilizalo, así que a segunda parte do obradoiro baseouse na práctica e atención personalizada a cada unha delas. Había moita variedade, fulares elásticos, mochilas, bandoleras... 

Por último, antes de marchar, unha última rolda de preguntas, onde saíron temas tan diversos como:
 - diferencia de tecidos empregados para verán ou para inverno
 - colocación da tea da bandolera polas anillas
 - diferencias entre fular tecido e fular elástico 

As mamás marcharon moi contentas e agradecidas. Os pequenos colaboraron bastante, son eles os que marcan os ritmos, coma sempre; teremos que agardar á próxima reunión para ver cómo evoluciona todo. 

Moitas grazas a todas por vir e ata a próxima!

miércoles, 13 de abril de 2016

Charla sobre seguridade vial en Vigo



A asociación Teta e Coliño ofrecerá un obradoiro no que falaremos sobre a seguridade vial con pequenos no automóvil.

Abordaremos cuestións sobre cambios na lexislación vixente de cadeiras homologadas, cambios que se poderán producir a curto prazo, transporte escolar e de menores, dúbidas habituais sobre o transporte en prematuros. Transporte seguro en xeral.

Será facilitado por unha profesional do sector.


OBRADOIRO GRATUÍTO
Prazas limitadas e inscrición previa no correo tetaecolinhovigo@gmail.com indicando: 
-Nome e apelidos
-Socia ou non socia de Teta e Coliño


Día: sábado 23/04/2016
Hora: 17:00h
Local: Vigosónico 

lunes, 11 de abril de 2016

Obradoiro de primeiros auxilios en Vigo (fotos)

O pasado día 1 de abril tivo lugar en Vigo, nas instalacións de Vigosónico unha charla-obradoiro de primeiros auxilios en bebés e nenos. Tivemos un gran profesional sanitario como poñente, Pepe Aguilera, enfermeiro do 061 de Galicia e ante todo papá. Pepe explicounos a diferencia entre afogamento e atragantamento, no primeiro caso comprobar se respira, como estimular e no caso de que non haxa resposta como facer unha RCP. Tamén como reaccionar e que facer en casos de, queimaduras, convulsións febrís, caídas, feridas e alerxias.
Os asistentes marcharon da charla cun botiquín en forma de coñecementos que poderían axudalos a salvar a vida dos máis pequenos da casa, ou como pouco evitar un mal rato. 

O público comezou a chegar á hora citada, e pasados os minutos de cortesía comezamos xa coa sala máis chea: mamás, papás, tíos e incluso algún avó que querían estar preparados para calquera situación desagradable relacionada coa saúde dos seus pequenos. No transcurso do obradoiro Pepe invitou a quen quixese a practicar o aprendido en relación á reanimación cardio-pulmonar, e tamén animaba aos asistentes a realizar calquera pregunta que se lles pasase pola cabeza. Tivemos preguntas moi variadas, tan interesantes como: 


    - De canto tempo dispoñemos para reanimar a un bebé ou neno antes de que sexa demasiado tarde? 

    - Por que os procesos febrís son positivos para os nenos e en que situacións hai que intervir con medicación? 
    - Cuestións relacionadas coa cura de feridas: Betadine sí ou non? Auga osixenada? 
     - En que momento debemos acudir a urxencias cando temos un brote alérxico? 

Pepe respondeu a estas e máis preguntas ademais de aclarar temas como a diferencia entre urxencia e emerxencia, por que ante unha urxencia non é aconsellable acudir a un centro de saúde, a imposibilidade de sufrir un atragantamento con determinados alimentos, a importancia de aprender primeiros auxilios dende ben pequenos, cando chamar ao 061 ou ao 112, etc... 


Os asistentes saíron con moita información práctica e moi satisfeitos ao sentirse máis preparados para reaccionar ante as diferentes situacións, algunhas máis cotiás que outras. Esperemos non vivir nunca estas dificultades, pero no caso de facelo, agora sabemos como reaccionar.