domingo, 27 de marzo de 2011

PROGRAMA DA PRESENTACIÓN DE TETA E COLIÑO

SÁBADO 2 DE ABRIL ÁS 17 h
Centro Sociocultural do Milladoiro


PROGRAMA DE CHARLAS

Homenaxe ós roles da muller
Diana Luque, matrona

Os grupos de apoio á lactancia: axuda mutua entre nais
Noelia Prieto, fundadora de Teta e Coliño

Lactancia materna e Novas Tecnoloxías
Silvia Penedo, matrona e auxiliar de enfermería

Pilares da crianza con apego: lactancia, porteo e coleito
Catherine Company, Gaia dos Nenos

jueves, 24 de marzo de 2011

Presentación de Teta e Coliño

Presentación do grupo de apoio á lactación materna TETA E COLIÑO

SÁBADO 2 de abril as 17 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural do Milladoiro. 

¡¡NON VOLA PERDADES!! 



jueves, 10 de marzo de 2011

Grupo Teta e Coliño


- Se estas amamantando e che gustaría compartir a túa experiencia,

- Ou pensas facelo e queres asesoramento,

- Ou simplemente che apetece pasar un ratiño con outras mamas no Milladoiro:

 Reunións do grupo de apoio á lactancia Teta e Coliño, todos os martes de 16:30 a 17:30 horas no Centro Sociocultural do Milladoiro.

Asistencia libre e gratuíta. Nais, pais e nenos son benvidos!!

Enderezo electrónico: tetaecolo@hotmail.com

Obxectivos de Teta e Coliño


-Informar e asesorar ás mulleres que desexen aleitar, co fin de acadaren unha lactancia exitosa.
-Axudar nas posibles dificultades que poidan xurdir no curso da lactancia, especialmente ó inicio da mesma.
-Crear un espacio de intercambio de experiencias sobre a lactancia, promovendo a interacción entre nais e a aprendizaxe continua.
-Defender o dereito de todas as mulleres a dar peito desde o nacemento do seu fillo e durante tanto tempo como desexen; así como do seu fillo a ser aleitado, mesmo no caso de hospitalización.
-Divulgar a importancia da LM a nais, pais, profesionais da saúde e do ensino, persoas interesadas e medios de comunicación, a través de diversas actividades.
-Informar sobre os dereitos laborais relacionados coa lactancia: permisos maternais, reducción de xornada, etc. 
-Asesorar acerca da conciliación da vida familiar e laboral coa crianza, incluíndo o papel do pai e outros familiares na lactancia.
-Proporcionar un servizo de préstamo de libros e material relacionado coa lactancia materna e a crianza respetuosa.
-Informar sobre a existencia da rede de grupos de apoio á lactancia materna, promovendo a cooperación entre eles.