jueves, 10 de marzo de 2011

Obxectivos de Teta e Coliño


-Informar e asesorar ás mulleres que desexen aleitar, co fin de acadaren unha lactancia exitosa.
-Axudar nas posibles dificultades que poidan xurdir no curso da lactancia, especialmente ó inicio da mesma.
-Crear un espacio de intercambio de experiencias sobre a lactancia, promovendo a interacción entre nais e a aprendizaxe continua.
-Defender o dereito de todas as mulleres a dar peito desde o nacemento do seu fillo e durante tanto tempo como desexen; así como do seu fillo a ser aleitado, mesmo no caso de hospitalización.
-Divulgar a importancia da LM a nais, pais, profesionais da saúde e do ensino, persoas interesadas e medios de comunicación, a través de diversas actividades.
-Informar sobre os dereitos laborais relacionados coa lactancia: permisos maternais, reducción de xornada, etc. 
-Asesorar acerca da conciliación da vida familiar e laboral coa crianza, incluíndo o papel do pai e outros familiares na lactancia.
-Proporcionar un servizo de préstamo de libros e material relacionado coa lactancia materna e a crianza respetuosa.
-Informar sobre a existencia da rede de grupos de apoio á lactancia materna, promovendo a cooperación entre eles.