miércoles, 27 de julio de 2011

UNHA TARDE DE PORTEO EN MOI BOA COMPAÑÍA

Onte día 26 de xullo, disfrutamos dunha entretida charla ó aire libre sobre porteo, seguida dun mini-taller de portabebés.
Os temas dos que falamos foron variados: motivos para portear, vantaxes para o bebé e para os pais, posición adecuada, diferencia entre mochilas ergonómicas e comerciais, criterios para elixir portabebés...

Pouco a pouco, tamén se foron respondendo esas preguntas que nalgún momento todos nos facemos (ou que outras persoas nos fan). Por exemplo: ¿será malo para a miña espalda portear durante moito tempo? ¿e para a espalda do bebé? ¿non se afogará aí metido? ¿cal é a mellor maneira de facer a transición dende durmir no portabebés a durmir nunha cama? ¿é conveniente ou non que vaia mirando cara adiante?

Tras repasar a teoría, pasamos a coñecer os distintos tipos de portabebés que nos ofrece o mercado, así como a conveniencia de usar uns ou outros segundo o emprego que lle vaiamos dar, e a idade do noso bebé: fular tradicional, fular elástico, bandoleira, manduca... 



Ó remate, moitos dos pais e nais presentes trouxeron os seus propios portabebés, e aproveitaron para preguntar pequenas dúbidas sobre o seu uso. 

A tarde foi longa, así que houbo tempo para todo e para todos.


TETA E COLIÑO quere darvos as gracias a todas as familias que fixestes posible facer desta charla a máis multitudinaria ata o momento!! contamos con 50 asistentes entre nais, pais e bebés, sen esquecernos das nosas queridas "barrigolas". 


E por suposto, gracias tamén a Cathy por adicarnos o seu tempo e os seus coñecementos.

Un saúdo a nosa compi Vanessa que se desprazou desde Pontevedra para coñecernos... moita sorte co teu proxecto!!  


Agora esperamos con ilusión os próximos obradoiros. Iremos concretando datas... e, xa sabedes, anunciándoas aquí!

Bicos a todos e todas, e feliz porteo!!

1 comentario:

  1. Gracias a Teta y Coliño, las mamás y papás por la oportunidad de estar cada martes compartiendo y sembrando la semillita de la crianza respetuosa. Un beso grande!

    ResponderEliminar