lunes, 13 de mayo de 2013

Charla Alimentación Complementaria e Autorregulación

Teta e Coliño ofrece neste mes de maio a súa charla sobre Alimentación Complementaria.

Nesta charla aclararemos por que, cando e como comezar a ofrecer alimentos complementarios ós nosos bebés, repasaremos errores e mitos frecuentes e analizaremos o papel da autorregulación neste proceso. Neste sentido, compartiremos experiencias sobre a alimentación dirixida polo bebé (Baby Led Weaning).

Tamén faremos fincapé no papel que a familia, como elemento principal de socialización para os bebés e nenos pequenos, ten na adquisición de habilidades e transmisión de actitudes relacionadas coa alimentación. 

Por último, recomendaremos enlaces e bibliografía de interese, nos que poder afianzar datos e aprender máis sobre este tema tan interesante.

A charla terá lugar o próximo MARTES 21 DE MAIO, a partir das 16:30 h no Centro Sociocultural do Milladoiro (AMES - A CORUÑA). A asistencia será LIBRE E GRATUÍTA, e non será necesaria a inscrición previa. Como sempre os nenos e nenas serán moi benvidos!!

NOTA: Nesta ocasión sortearemos un exemplar do libro "El niño ya come solo" (Gill Rapley) entre todos e todas as asistentes. Anímate a participar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario