viernes, 12 de julio de 2013

Reunión ó aire libre, xullo 2013

Teta e Coliño prepara xa a súa reunión de verán. Unha maneira de pasar unha tarde diferente para grandes e pequenos, e unha ocasión perfecta para coñecernos e para reencontrarnos!
Este ano repetimos no parque detrás de Correos en Bertamiráns (ver mapa). 

Atoparémonos na zona de céspede, á sombra das árbores, ó lado do parque infantil. Non esquezades traer toallas e algo de merenda! 

A data será o vindeiro mércores 17 de xullo, a partir das 18:30 da tarde.



Nota. As socias que queirades levar libros en préstamo, avisádenos antes, enviando correo co título. E as que teñades libros sen devolver, por favor non esquezades traelos!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario