jueves, 29 de agosto de 2013

Novidades no Banco de Troco

O Banco de Troco Teta e Coliño continúa na temporada 2013-14 con forzas renovadas, con case 1000 artigos catalogados por tipos e tallas e a cargo dunha nova responsable: Mercedes Martínez. Grazas compañeira!! 

Todas as interesadas en doar, trocar ou unirvos ó grupo de traballo de voluntarias podedes contactar directamente con ela no teléfono 620870924, ou ben no teléfono xeral da Asociación 651082881.

Pronto vos daremos a coñecer a nova data para o II Encontro de Troco, no mes de setembro. Podedes ir xa facendo as vosas reservas, tedes o catálogo de artigos dispoñibles aquí: Páxina do Banco de Troco


No hay comentarios:

Publicar un comentario