lunes, 4 de noviembre de 2013

Charla-obradoiro sobre cueiros de tea

Teta e Coliño organiza, coa colaboración de Esther Guerra de "Cosas de mami", un interesante obradoiro sobre os cueiros de tea. 


Fonte: Flickr
Aprenderemos sobre:
-Os cueiros de tea: por que usalos?
-Tipos que existen, vantaxes e inconvenientes de cada un.
-Como elexir os meus cueiros de tea?
-Lavado e coidado dos cueiros
-Trucos para o seu uso
-Complementos

Os/as asistentes terán a oportunidade de ver e tocar diferentes tipos de cueiros.
Se xa os usas e te animas a traer algún para mostralo, estupendo! serán benvidas todas as aportacións.

O obradoiro terá lugar o mércores 13 de novembro, a partir das 16:30h na Casa de Cultura do Milladoiro (Ames-A Coruña)

Prégase puntualidade!!

Asistencia libre e gratuíta. Os nenos e nenas son benvidos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario