martes, 13 de mayo de 2014

Charla en A Estrada: CLAVES PARA UNHA LACTANCIA EXITOSA

Teta e Coliño ofrecerá en A ESTRADA a súa charla "Claves para unha lactancia exitosa", o vindeiro martes 27 de maio, a partir das 17:30h.
O lugar será o seu local habitual de reunións: a sala de exposición de NovaGalicia Banco (rúa Calvo Sotelo).

A charla xirará en torno ó correcto establecemento da lactancia desde os seus inicios: contacto precoz e primeiras tomas, funcionamento do peito, produccion de leite, posición e agarre, prevención e resolución de posibles dificultades, etc.

Será impartida por Noelia Prieto, asesora de lactancia, doula e presidenta da Asociación.

Esta actividade é de especial interese para embarazadas e as súas parellas, nais e pais, persoal que traballe con estes colectivos, e en xeral calquera persoa interesada en aprender sobre lactancia.

A entrada é libre e gratuíta. Bebés e nenos/as son benvidos/as.