jueves, 19 de junio de 2014

Repetimos!! novo obradoiro de porteo


Imaxe: Gioia Albano
Tras o éxito do noso recente obradoiro de porteo, repetimos!! toma nota desta nova oportunidade de aprender sobre portabebés e porteo ergonómico.

Estará especialmente dirixido a persoas interesadas en iniciarse no mundo do porteo, pero tamén poden acudir aquelas con experiencia previa.

Como sempre, podes traer os teus portabebés, ou probar algún dos que teremos como mostra: fulares, bandoleiras, mochilas... Disporemos tamén de bonecos adecuados para practicar.


Actividade organizada pola Asociación Teta e Coliño, impartida por Maruxa Cabaleiroasesora de porteo Mimos y Teta.


DÍA: MARTES 24 DE XUÑO
HORA: a partir das 17:30h. 
LUGAR: Sala de Exposicións NGB (A Estrada, Pontevedra).

Asistencia libre e gratuíta. Nenas e nenos son moi benvidas/os!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario