martes, 14 de octubre de 2014

Inauguración grupo de Vigo

Hai uns días xa vos adiantamos que faltaba pouco para ver cumprido un soño: contar cun grupo de apoio Teta e Coliño en Vigo. 

O día se achega! hoxe compartimos a boa nova de que Teta e Coliño ultima os preparativos para comezar as súas reunións viguesas.

Tomade nota dos datos da inauguración!!

Día: VENRES 24 de OUTUBRO
Hora: a partir das 17:00h
Lugar: local da Asociación Alento. Rúa da Pedra Seixa, s/n (ó lado do Centro de Saúde de Navia)
Como chegar: Local Alento

  • Charla "Os grupos de apoio á lactancia: maternidade consciente e axuda de nai a nai". Impartida por Noelia Prieto Gómez, fundadora e presidenta da Asociación.
  • Sorteo dun lote de libros de crianza

Tras este evento, Teta e Coliño comezará as reunións os primeiros e terceiros xoves de cada mes, na Asociación de Veciños Novo Vigo (Navia).

A Directiva de Teta e Coliño quere mostrar o seu agradecemento a:

-Todo o equipo Teta e Coliño implicado nesta nova sede, polas súas xestións e o seu apoio.

-A Asociación de Veciños Novo Vigo, pola cesión do local e todas as facilidades mostradas https://www.facebook.com/avv.novovigo

-A Asociación Alento, pola cesión da sala para a nosa inauguración. Nestes momentos Alento prepara a celebración do Día do Dano Cerebral Adquirido (26 de outubro). Convidámosvos a coñecer o seu importante labor: http://www.alento.org/




No hay comentarios:

Publicar un comentario