sábado, 13 de junio de 2015

Preparación á lactancia A Estrada

A Asociación Teta e Coliño organiza un obradoiro de preparación á lactancia en A Estrada (Pontevedra), para familias en espera do seu bebé. Falaremos dos inicios da lactancia, tocando temas como as claves da lactancia exitosa, colocación do bebé ó peito, como saber que está comendo o que necesita, o papel do pai na lactancia... 

Día: martes 30 de xuño 2015
Hora: 17:00-19:00h
Lugar: sala de exposicións Abanca

Asistencia gratuíta. Prazas limitadas (prioridade para familias socias). Imprescindible a inscripción previa no seguinte formulario: Inscrición preparación á lactancia 

A aquelas mamás que xa esteades dando teta, pedímosvos que vos animedes a asistir cos vosos bebés, para que as asistentes poidan ver a realidade da lactancia de primeira man. Por favor, escribídenos a tetaecolinho@gmail.com e imos falando ;-) 

Agradécese difusión. Gracias!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario