martes, 12 de diciembre de 2017

Obradoiro "Creando o teu botiquín natural" Sede Vigo. Outubro 2017

O sábado 28 de outubro tivo lugar no local da Asociación Novo Vigo o Obradoiro “Creando o teu botiquín natural”, que suscitou un gran interese entre as socias de Teta e Coliño.

O encontro foi dirixido por Sara Hermelo, técnica en naturopatía, mami dupla, asesora de lactancia e voluntaria de Teta e Coliño. Actualmente se atopa en formación como técnica en reflexoloxía, terapeuta en biodescodificación, e terapeuta en herboloxía feminina.

A pesar dos “problemas do directo”, neste caso problemas técnicos que non permitiron empregar os medios audiovisuais que acompañaban o obradorio, puidemos coñecer a multitude de opcións que ofrece a naturopatía para recobrar o equilibrio natural do corpo, estimulando as súas capacidades curativas naturais. Algunhas opcións son: a fitoterapia (infusións/decoccións, aceites, cremes,…), aceites esenciais (aromaterapia, masaxes,…), oligoelementos, inhalacións, baños, xaropes, cataplasmas e emplastos, reflexoloxía…




Afondamos na orixe emocional das patoloxías máis comúns (gases, estreñimiento,catarro, tose, queimaduras, hematomas e feridas, febre, sono...) e os distintos tipos de remedios naturais para combatelas.



Descubrimos que variando a dosificación, a maioría son válidos para toda a familia e poden complementar a medicina tradicional: sempre se debe asistir a un especialista para obter un diagnóstico fiable, consultando a compatibilidade dos remedios naturais cos farmacolóxicos.

As socias alí presentes puidemos coñecer as vantaxes do botiquín natural: gran variedade (polo que se pode adaptar ás nosas necesidades), non enmascara os síntomas (que son unha info moi valiosa que o copo nos da sobre o seu estado), menos efectos secundarios e complementa o tratamento cunha forma de vida máis saudable.