sábado, 13 de junio de 2015
Preparación á lactancia A Estrada
Día: martes 30 de xuño 2015
Hora: 17:00-19:00h
Lugar: sala de exposicións Abanca
Asistencia gratuíta. Prazas limitadas (prioridade para familias socias). Imprescindible a inscripción previa no seguinte formulario: Inscrición preparación á lactancia
A aquelas mamás que xa esteades dando teta, pedímosvos que vos animedes a asistir cos vosos bebés, para que as asistentes poidan ver a realidade da lactancia de primeira man. Por favor, escribídenos a tetaecolinho@gmail.com e imos falando ;-)
Agradécese difusión. Gracias!!
jueves, 11 de junio de 2015
Cambio ubicación obradoiro de porteo VIGO
lunes, 8 de junio de 2015
PORTEO EN VIGO, XUÑO 2015
-Se queres aprender sobre porteo ergonómico e porteo seguro...
-Se queres asesoramento sobre o portabebés que necesitas...
-Se xa tes na casa un portabebés e queres aprender a usalo...
-Se xa porteas e che apetece probar outros tipos, modelos ou tecidos de portabebés…
… non te perdas esta oportunidade!!!!
As nosas voluntarias explicarán o que necesitas saber para comezar a disfrutar da experiencia. Levaremos o noso fondo de portabebés: fulares elásticos e tecidos, bandoleiras, mochilas para diversas idades... e tamén bonecos para probar.
Despois, se es socia poderás levar portabebés en préstamo para casa, e así seguir practicando.
Asistencia libre e gratuíta. Axúdanos a difundir!!!
lunes, 1 de junio de 2015
Carne de Familia Socia e outras novidades
Xa están dispoñibles os CARNÉS DE FAMILIA SOCIA de TETA e COLIÑO. Trátase dun documento que acredita a pertenza á asociacion, para poder disfrutar de tódalas vantaxes de ser socia (máis información en http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/vantaxes-e-descontos-socias.html?m=1)
Como NOVIDADES engadimos ás tendas e negocios amigos a :
• CONSULTA Dra. SANDRA MATEO . Dermatoloxía. www.sandramateo.es.
Sandra ofrece un 25% de desconto na primeira visita dermatolóxica ao núcleo familiar.
• AMERGUÍN. Fisioterapia e osteopatía: www.amerguin.com.
Amerguín ofrece un 10% de desconto a nais e bebés en tódalas sesións relacionadas co nacemento: xestación, puerperio, primeiros meses do/a bebé, lactancia…
Outra novidade son os NOVOS PUNTOS PARA O BANCO DE TROCO.
Ata o de agora cada nova socia dispuña de 3 puntos para o Banco de Troco de Teta e Coliño, e era un servizo gratuito tanto para socias coma para non socias. Agora segue sendo gratuito para socias, e para non socias ten un custe de 30 euros.
Cada nova socia terá 50 PUNTOS!!, e pola renovación obterá 20 PUNTOS!!. A día de hoxe todas partimos con 50 puntos (sumados aos que xa levas acumulados, se é o caso), mais 20 PUNTO se xa renovaches o pasado mes de marzo. Aquí tendes máis info. http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/banco-de-troco.html.
viernes, 15 de mayo de 2015
LISTADO DE APROBADAS IV CURSO ONLINE DE ASESORÍA EN LACTANCIA
¡Enhorabuena a todas, y gracias por este tiempo de aprendizajes en común! ¡seguiremos conectadas!
Ana Couto Cerdeira (A Coruña)

