A Asociación TETA E COLIÑO celebra o seu II Encontro de Troco. -VENRES 4 DE OUTUBRO -Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo (Santiago de Compostela). -A partir das 17:00h.
Teta e Coliño amplía a súa rede de axuda, apoio e asesoramento gratuítos. Nesta nova temporada poñemos á vosa disposición asesoras formadas en lactancia materna en numerosos puntos da xeografía galega e noutras provincias. Para saber onde están e como contactar con elas, click aquí: Contacta coas asesoras Se ti tamén estás interesada en formarte como Asesora de lactancia, lembra que Teta e Coliño organiza cada ano cursos online. Máis información no blog: http://asesorialactancia.blogspot.com.es/