jueves, 3 de mayo de 2018

Obradoiro Scrapbooking. Sede A Coruña. Xaneiro 2018.

O sábado 27 de xaneiro as familias socias puidemos disfrutar dun obradoiro impartido por dúas das voluntarias da asociación, Laura e Silvia.



Durante a xornada aprendimos cómo facer,neste caso,un álbum de fotos en forma de acordeón,usando materiais reciclados, papeis e cintas que sempre temos na casa, pegatinas,...



Mentres as voluntarias nos explicaban cómo usar os materiais, os pequerrechos xogaban con algúns instrumentos musicais,e de fondo soaba a música "Non hai berce coma o colo", arrolos tradicionais procedentes de puntos diversos da xeografía galega.



O resultado foi moi satisfactorio,e así xa temos algunha idea máis de agasallo artesanal e barato.