miércoles, 23 de mayo de 2012

Extracción e conservación de leite materno

Este xoves 24 de maio terá lugar o noso obradoiro "EXTRACCIÓN, CONSERVACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE LEITE MATERNO".

Falaremos sobre:

-Como favorecer a extracción do leite
-Tipos de extracción: a man e con sacaleites
-Que ter en conta á hora de elixir un sacaleites
-A incorporación ó traballo e a continuidade da lactancia
-A suplementación con leite materno extraído
-Conservación do leite: transporte, envases e tempos de almacenamento
-Administración: como desconxelar e quentar o leite
-Biberón e outros métodos alternativos


VÉN COMPARTIR AS TÚAS DÚBIDAS E EXPERIENCIAS CONNOSCO!

Casa de Cultura de Bertamiráns, a partir das 18:00 h.



miércoles, 2 de mayo de 2012

Madriñas de lactancia

O martes 15 de maio, a partir das 16:30, Teta e Coliño ofrecerá unha charla en Milladoiro, onde coñeceremos este novo proxecto que tanto promete: as MADRIÑAS DE LACTANCIA

Falaremos de que significa ser Madriña de Lactancia, os requisitos necesarios, qué pode esperar dela a embarazada que a solicite e cal é o protocolo de actuación. Así, daremos por inauguradas a Bolsa de Madriñas e a a Bolsa de Afilladas.


Qué son as MADRIÑAS DE LACTANCIA?

Son nais voluntarias con experiencia en lactancia materna e formación específica ó respecto, que acompañan a outras futuras nais (afilladas) que desexen comezar a informarse para unha lactancia feliz.
Deste xeito, a embarazada que así o solicite conseguirá información de primeira man; e para cando naza o seu bebé terá adquirido un coñecemento directo da lactancia e plena confianza na súa capacidade para aleitar.

Os estudios científicos corroboran que a asistencia a grupos de apoio e a relación con nais lactantes aumenta a taxa de lactancias exitosas.
Por iso queremos animarvos, tanto a nais como a embarazadas, a que participedes deste programa e vos beneficiedes del!

Como me apunto?

Escribe un correo electrónico cos teus datos para apuntarte na bolsa de Madriñas o na bolsa de afilladas: tetaecolo@hotmail.com

Tamén podes apuntarte en calquera das nosas reunións ou talleres.

ANÍMATE!

Se xa es nai, pensa no gratificante que che pode resultar axudar coa túa experiencia a outra futura mamá.

Se estás embarazada, interésache moitísimo ter acceso canto antes a unha boa información e a un apoio para lograr unha lactancia plena e feliz.

Dente Teta e Coliño damos MOITÍSIMAS GRACIAS ás nosas compañeiras da Asociación Sina, que tan amablemente nos cederon o seu protocolo de actuación de Madriñas de Lactancia.