martes, 15 de diciembre de 2015

Últimas reunións 2015 - primeiras reunións 2016

Chegaron as últimas reunións do ano!! tomade nota: 
  • Mércores 16 decembro, 17:30-19:30. Reunión de PORTEO en MILLADOIRO (AMES)
  • Xoves 17 decembro, 17:00-19:00. Reunión de LACTANCIA en NAVIA (VIGO)
  • Sábado 19 decembro, 10:30-12:30. Reunión de PORTEO en SAIÁNS (VIGO)


E as primeiras de 2016 serán as seguintes:
  • Xoves 7 xaneiro, 17:00-19:00. Reunión de LACTANCIA en NAVIA (VIGO)
  • Mércores 13 xaneiro, 17:30-19:30. Reunión de LACTANCIA en MILLADOIRO (AMES)
  • Mércores 20 xaneiro, 17:30-19:30. Reunión de PORTEO en MILLADOIRO (AMES)
  • Xoves 21 xaneiro, 17:00-19:00. Reunión de LACTANCIA en NAVIA (VIGO)
  • Mércores 27 xaneiro, 17:30-19:30. Reunión de LACTANCIA en MILLADOIRO (AMES)
  • Sábado 30 xaneiro, 10:30-12:30. Reunión de PORTEO en SAIÁNS (VIGO)

Como sempre, asistencia libre e gratuíta. COMPARTE!! 

domingo, 6 de diciembre de 2015

Comunicado Estado de Teta e Coliño


Ames (A Coruña), 05/12/2015

Queridas socias, compañeiras, amigas e usuarias,

A nova xunta directiva da Asociación Teta e Coliño, (en diante TEC),  quere facer público un comunicado para transmitir o estado actual da Asociación.

TEC veu sendo nestes últimos anos unha asociación grande e moi activa, con varias sedes, numerosas reunións e múltiples servizos. Foi un gran esforzo sacar adiante todo este fermoso proxecto durante estes anos. Un esforzo dos que sempre pagan a pena.

Lamentablemente, toda esa forza que sempre nos caracterizou veuse ofuscada ultimamente, en especial nesta segunda metade de 2015, por unha serie de circunstancias: unha maior dificultade persoal para continuar co intenso ritmo dos voluntariados, diversos desacordos e conflitos entre as persoas voluntarias, así como unha falta de fidelidade a certos compromisos estatutarios; todo isto tanto polas integrantes da ex-xunta directiva como por outras socias.

Desta serie de conflitos, recoñecemos que non todos se souberon xestionar de maneira satisfactoria. Algúns tratáronse en Asemblea Xeral, e posteriormente tamén mediante outras vías de comunicación interna. Houbo tamén algúns que mesmo superaron o ámbito interno, chegando ó extremo de toparnos bulos con inxurias lanzados publicamente, tanto sobre o nome da presidenta en particular, como sobre a Asociación en xeral.
Por suposto, procedemos a desmentir eses bulos. Porque, aínda que confiamos en que non afectarán ó criterio daquelas persoas que nos coñecen de primeira man, tamén somos conscientes de que poderían crear confusión entre todas aquelas non tan achegadas a TEC.
Polo tanto, desde a Xunta Directiva rexeitamos firmemente todo xuízo ou desconfianza cara ó noso labor altruísta, e reafirmámonos na filosofía e acordos da Asociación. Lembramos que somos ante todo grupo de apoio, e que como tal debemos comportarnos; e facemos o lóxico chamamento ó diálogo, a paz e á serenidade.

Nestes momentos, a actual Xunta Directiva iniciamos o noso percorrido nunha situación moi especial. Xa se sabe que nunca é fácil reconstruír tras as consecuencias dunha crise; e neste caso, atopámonos ante moita infraestrutura que recuperar (ou crear), cun escasísimo número de voluntarias, máis a consecuente paralización (esperemos que temporal) dalgunhas iniciativas. Afortunadamente, outras iniciativas mantéñense, e mesmo están xa a ser reforzadas.

Recoñecemos os erros da anterior xunta directiva e voluntarias, e tentamos solucionalos, sobre todo procurando que non volvan acontecer. Para sentar esas bases imos necesitar de bastante dedicación, de certa marxe de tempo, e por suposto da empatía e apoio do resto de familias.
É preciso que se tente esquecer o pasado (aínda que sen deixar de aprender del, pero chegou o momento de dar un paso máis), e que se deixe que esta nova xunta directiva traballe mirando cara adiante.

Para iso cumpriremos os estatutos da Asociación e crearemos un Regulamento de Réxime Interno, no que quedarán por escrito todos os protocolos de actuación dentro da Asociación; no que revalorizaremos os dereitos e deberes das socias recollidos nos estatutos de TEC, que algunhas socias, voluntarias e membros da xunta directiva incumpliron reiteradamente.

Esperamos que, a partir de agora, os problemas internos da Asociación sexan iso: internos. Que se poidan resolver rapidamente, con boas ferramentas de xestión de conflitos, e preferentemente de maneira directa (para o cal tamén contamos coa mediación dun gabinete de comunicación). A intención será que todo futuro conflito sexa afrontado e aproveitado de forma construtiva: para escoitarnos, debatir e mellorar.

O traballo asociativo é moi duro, pero cando se trata dun traballo totalmente voluntario e altruísta, cando todas somos nais dun ou máis nenos e/ou nenas, en ocasións con carreiras laborais a xornada completa, a máquina vai máis lenta do que nos gustaría. Pero, coa vosa axuda e compromiso, mantéremola en marcha.

Ás socias, informámosvos de que estamos a traballar nunha nova Asemblea Extraordinaria, á que seredes convocadas á maior brevidade posible e coa suficiente antelación de datas. Pedimos que gardedes todas as vosas dúbidas e suxestións para dito encontro.

Queremos rematar este comunicado cunha pequena reflexión, especialmente dedicada a todas as que estades máis preto das nosas actividades, e que ás veces mesmo nos preguntades que poderiades aportar vós:

TEC en xeral ten moito que aportar á sociedade: grupos e reunións que retomar, actividades que ofrecer, colaboracións pendentes do noso sinal de arranque. Moitos proxectos ilusionantes que non deberían quedarse polo camiño! e o máis importante de todo: as familias!! moitísimas mamás e bebés ós que continuar axudando nas súas lactancias e crianzas.
Cada vez que unha familia recibe información e apoio, que se sente máis acompañada e que, en definitiva, ten unha experiencia de crianza máis feliz, algo dela queda tamén en TEC. É algo que permanece para sempre, e que non deixa de ser a primeira peza do cambio para o mundo que queremos deixar ós nosos fillos e fillas. Ese é o fantástico motivo de todo isto, o motor que nos move.

En TEC sentímonos moi honradas de poder contribuír a ese obxectivo, e convidamos a que toda aquela persoa coas mesmas inquedanzas e con esta filosofía de traballo se una ó noso equipo de voluntarias. Así poderemos seguir recollendo ideas, repartindo tarefas, chegando mellor a todo e, finalmente, construíndo a Asociación coa que soñamos. O grupo de apoio co que toda familia que nace se merece poder contar.
Esperámosvos cos brazos abertos!

Grazas e unha aperta!

Equipo da Xunta Directiva de Teta e Coliño


---------------------------------------------------------------

Ames (A Coruña), 05/12/2015

Queridas socias, compañeras, amigas y usuarias,

La nueva junta directiva de la Asociación Teta e Coliño, (en adelante TEC),  quiere hacer público un comunicado para transmitir el estado actual de la Asociación.

TEC ha sido en estos últimos años una asociación grande y muy activa, con varias sedes, numerosas reuniones y múltiples servicios. Ha sido un gran esfuerzo sacar adelante todo este hermoso proyecto durante estos años. Un esfuerzo de los que siempre valen la pena.

Lamentablemente, toda esa fuerza que siempre nos ha caracterizado se ha visto ensombrecida últimamente, en especial en esta segunda mitad de 2015, por una serie de circunstancias: una mayor dificultad personal para continuar con el intenso ritmo de los voluntariados, diversos desacuerdos y conflictos entre las personas voluntarias, así como una falta de fidelidad a ciertos compromisos estatutarios; todo esto tanto por las integrantes de la ex-junta directiva como por otras socias.

De esta serie de conflictos, reconocemos que no todos se han sabido gestionar de manera satisfactoria. Algunos se trataron en Asamblea General, y posteriormente también mediante otras vías de comunicación interna. Hubo también algunos que incluso superaron el ámbito interno, llegando al extremo de encontrarnos bulos con injurias lanzados públicamente, tanto sobre el nombre de la presidenta en particular, como sobre la Asociación en general.
Por supuesto, procedemos a desmentir esos bulos. Porque, aunque confiamos en que no afectarán al criterio de aquellas personas que nos conocen de primera mano, también somos conscientes de que podrían crear confusión entre todas aquellas no tan allegadas a TEC.
Por lo tanto, desde la Junta Directiva rechazamos firmemente todo juicio o desconfianza hacia nuestra labor altruísta, y nos reafirmamos en la filosofía y acuerdos de la Asociación. Recordamos que somos ante todo grupo de apoyo, y que como tal debemos comportarnos; y hacemos el lógico llamamento al diálogo, la paz y la serenidad.

En estos momentos, la actual Junta Directiva iniciamos nuestro recorrido en una situación muy especial. Ya se sabe que nunca es fácil reconstruir tras las consecuencias de una crisis; y en este caso, nos encontramos ante mucha infraestructura que recuperar (o crear), con un escasísimo número de voluntarias, más la consecuente paralización (esperemos que temporal) de algunas iniciativas. Afortunadamente, otras iniciativas se mantienen, e incluso están ya siendo reforzadas.

Reconocemos los errores de la anterior junta directiva y voluntarias, e intentamos solucionarlos, sobre todo procurando que no vuelvan a suceder. Para sentar esas bases vamos a necesitar de bastante dedicación, de cierto margen de tiempo, y por supuesto de la empatía y apoyo del resto de familias.
Es necesario que se intente olvidar el pasado (aunque sin dejar de aprender de él, pero ha llegado el momento de dar un paso más), y que se deje que esta nueva junta directiva trabaje mirando hacia adelante.

Para eso cumpliremos los estatutos de la Asociación y crearemos un Reglamento de Régimen Interno, en el que quedarán por escrito todos los protocolos de actuación dentro de la Asociación; en el que revalorizaremos los derechos y deberes de las socias recogidos en los estatutos de TEC, que algunas socias, voluntarias y miembros de la junta directiva incumplieron reiteradamente.

Esperamos que, a partir de ahora, los problemas internos de la Asociación sean eso: internos. Que se puedan resolver rápidamente, con buenas herramientas de gestión de conflictos, y preferentemente de manera directa (para lo cual también contamos con mediación de un gabinete de comunicación). La intención será que todo futuro conflicto sea afrontado y aprovechado de forma constructiva: para escucharnos, debatir y mejorar.

El trabajo asociativo es muy duro, pero cuando se trata de un trabajo totalmente voluntario y altruista, cuando todas somos madres de uno o más niños y/o niñas, en ocasiones con carreras laborales a jornada completa, la máquina va más lenta de lo que nos gustaría. Pero, con vuestra ayuda y compromiso, la mantendremos en marcha.

A las socias, os informamos de que estamos trabajando en una nueva Asamblea Extraordinaria, a la que seréis convocadas a la mayor brevedad posible y con suficiente antelación de fechas. Pedimos que guardéis todas vuestras dudas y sugerencias para dicho encuentro.

Queremos terminar este comunicado con una pequeña reflexión, especialmente dedicada a todas las que estáis más cerca de nuestras actividades, y que a veces incluso nos preguntáis que podríais aportar vosotras:

TEC en general tiene mucho que aportar a la sociedad: grupos y reuniones que retomar, actividades que ofrecer, colaboraciones pendientes de nuestra señal de arranque. Muchos proyectos ilusionantes que no deberían quedarse por el camino! y lo más importante de todo: las familias!! muchísimas mamás y bebés a los que continuar ayudando en sus lactancias y crianzas.
Cada vez que una familia recibe información y apoyo, que se siente más acompañada y que, en definitiva, tiene una experiencia de crianza más feliz, algo de ella queda también en TEC. Es algo que permanece para siempre, y que no deja de ser la primera pieza del cambio para el mundo que queremos dejar a nuestros hijos e hijas. Ese es el fantástico motivo de todo esto, el motor que nos mueve.

En TEC nos sentimos muy honradas de poder contribuir a ese objetivo, e invitamos a que toda aquella persona con las mismas inquietudes y con esta filosofía de trabajo se una a nuestro equipo de voluntarias. Así podremos seguir recabando ideas, repartiendo tareas, llegando mejor a todo y, finalmente, construyendo la Asociación con la que soñamos. El grupo de apoyo con el que toda familia que nace se merece poder contar.
Os esperamos con los brazos abiertos!

Gracias y un abrazo!

Equipo de la Junta Directiva de Teta e Coliño