sábado, 25 de noviembre de 2017

Obradoiro "Acompañando as emocións en familia " Sede A Coruña. Novembro 2017


Unhas 12 familias puidemos estar no obradoiro que impartiu Xoana, nai e voluntaria da asociación.

Comezou lendo un trociño do libro de Jorge Bucay "Contos para pensar" . Explicounos como a resposta ante un estímulo depende de varios factores, coma poderían ser a experiencia e o contexto.

As nosas emocións xogan un papel importante no momento que as nosas crianzas teñen un estalido emocional; autocuidarnos, facer unha reflexión diaria sobre como nos sentimos, entre outros, axudará a manter a calma ante éstas situacións e a coñecernos mellor a nós mesmos. Xogando con eles,a través do xogo das caras e/ou ensinándolles libros nos que se mostren personaxes que expresen con xestos as emocións, axudará a que recoñezan que é o q lles pasa. Houbo,ademáis,unha choiva de ideas por parte dos asistentes.

Os libros recomendados,tanto para os máis pequenos coma para os adultos, puidemos coñecelos in situ.

Agradecer a Xoana toda a información que compartiu e a todas as familias asistentes pola súa atención. 

sábado, 11 de noviembre de 2017

Obradoiro "Fisioterapia respiratoria" Sede de Ames. Novembro 2017



O pasado 11 de Novembro tivemos a oportunidade de escoitar unha interesante charla sobre “Fisioterapia Respiratoria” impartida pola voluntaria da asociación Antía  que é nai, asesora de lactancia e fisioterapeuta na  sanidade pública galega. 

Fixonos unha pequena introducción á anatomía dos nosos bebés e contounos como o seu aparato respiratorio vai evolucionando a medida que van medrando. Falounos da abordaxe como pais da patoloxía respiratoria nos nosos bebés, así como establecer cales son as sinais de alerta para solicitar atención especializada ou saber cales son os recursos disponibles na sanidade pública.

Por suposto falounos das “afamadas” bronquiolites (patoloxía respiratoria máis común en menores de 24 meses de idade) e entendemos un pouco máis de porqué se xeran e cales son os seus síntomas máis frecuentes.
Lembrounos hábitos saudables, os cales se incluen na extratexia da OMS para evitar na medida do posible este tipo de patoloxías, tan sinxelos como son a Lactancia materna exclusiva ata os 6 meses, o hábito de lavar as mans e reducir a contaminación do aire interior dos nosos fogares.

Falounos de que técnicas de fisioterapia respiratoria se empregan actualmente, e cales están esgotadas e os seus inconvintes. Como facer correctamente un lavado nasal dependendo da idade do menor, como evitar que sexa tan molesto para ambas partes e un longo etc.

O final tivemos unha animada rolda de preguntas que Antía respostou dende a súa experiencia tanto como fisioterapeuta como nai da súa pequeña.

Deunos unha proposta que a tod@s nos encantou:  facer rir @s nosos pequenos para que teñan unha tos máis productiva.

Moitas gracias a Antía polos seus coñecementos e tempo e a tod@s os asistentes pola súa atención.



sábado, 4 de noviembre de 2017

Premios a igualdade Dolores Martínez Cordero. Sede de Vigo. Outubro 2017

O sábado 21 de outubro tivemos o privilexio de participar nun gran evento: PREMIOS A IGUALDADE DOLORES MARTÍNEZ CORDERO na súa primeira edición!


Dúas das nosas colaboradoras, Antía López Arce e Leti Pérez Dominguez, compareceron en representación da nosa asociación e fixeron un gran traballo.

En primeiro lugar, queremos dar as gracias a AVV Novo Vigo por ternos invitado a este acto onde se pon en valor a igualdade. Esta asociación sempre nos tivo presente desde os nosos inicios, dándonos facilidades para obter un espazo físico onde poder desenvolver parte das nosas actividades.


Tamén queremos dar a noraboa a ALENTO Asociación de Dano Cerebral e Apamp Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral pola súa gran labor social.


Neste acto tivemos a oportunidade de falar de lactancia-maternidade e traballo.


Na nosa intervención fixemos fincapé no relativo a que se respecte a decisión de querer manter a lactancia materna que, tal como recomenda a OMS, debe ser exclusiva durante os primeiros 6 meses e recoméndase manter ata os 2 anos ou máis segundo a decisión de nai e bebé. Para isto precísase un maior apoyo social, sanitario e laboral xa dende o embarazo. 

Grazas por seguir facendo de Teta e Coliño parte desta gran comunidade!