Durante as tardes do 18 e 25 de novembro e o 2 de decembro no local da Asociación de Veciños Novo Vigo, as familias socias de Teta e Coliño puideron desfrutar das xuntanzas creativas dentro da temática “Este Nadal feito a man”. Nestas xornadas realizamos unha árbore de Nadal de parede. Esta árbore, tiña unha base de feltro verde pegado sobre cartón. Para decoralo, creamos un repertorio variado de adornos en feltro e goma eva, no que cada unha, aportou a súa orixinalidade para que resultasen únicos.
Estes adornos, tiñan na súa cara posteri or un velcro facilitando a participación das nosas crianzas na montaxe e desmontaxe da decoración de Nadal.
Por outro lado, tamén funcionan coma un xoguete para eles, xa que, puxemos un especial esforzo en que resultasen seguros e adaptados ás diferentes idades. Como resultado, obtivemos unhas árbores de cores vistosas adaptada ós máis pequenos, facendo partícipe a toda a familia da decoración da nosa casa nestas festas.
Foron unhas xornadas moi familiares cheas de compañeirismo e espírito navideño, no que compartimos os nosos coñecementos en manualidades, ao tempo que pasamos ratos de complicidade compartindo vivencias variadas na nosa aventura como nais. Foron días de duro traballo a contrarreloxo, que gracias a axuda de país e avós conseguimos rematar con éxito.
Os mais pequenos acompañáronnos nas xuntazas xogando, lactando, en brazos sen perder detalle da novidosa actividade de mamá e tamén foron partícipes con actividades adaptadas. Unha delas, foi o amasado de pasta de sal para a posterior impresión das pegadas de mans e pés. Outra, foi a realización dun mural con pintura creando a forma dunha árbore de nadal formada polas mans entrecruzadas de toda a familia.
Un agradecemento especial a Paula, pola paciencia e adicación nestas xornadas. Gracias a súa implicación na actividade, espertou en nós a paixón polo traballo manual e feito en grupo, deixando un espazo para a creatividade de cada unha e aportando sempre ledicia e espírito de Nadal. Tamén agradecer ás asistentes por participar na actividade e por facilitar a súa colaboración para permitir que as crianzas estiveran acompañadas nas xuntanzas ao tempo que as mamis desfrutaban da actividade.
O sábado 28 de outubro tivo lugar no local da Asociación Novo Vigo o Obradoiro “Creando o teu botiquín natural”, que suscitou un gran interese entre as socias de Teta e Coliño. O encontro foi dirixido por Sara Hermelo, técnica en naturopatía, mami dupla, asesora de lactancia e voluntaria de Teta e Coliño. Actualmente se atopa en formación como técnica en reflexoloxía, terapeuta en biodescodificación, e terapeuta en herboloxía feminina.
A pesar dos “problemas do directo”, neste caso problemas técnicos que non permitiron empregar os medios audiovisuais que acompañaban o obradorio, puidemos coñecer a multitude de opcións que ofrece a naturopatía para recobrar o equilibrio natural do corpo, estimulando as súas capacidades curativas naturais. Algunhas opcións son: a fitoterapia (infusións/decoccións, aceites, cremes,…), aceites esenciais (aromaterapia, masaxes,…), oligoelementos, inhalacións, baños, xaropes, cataplasmas e emplastos, reflexoloxía…
Afondamos na orixe emocional das patoloxías máis comúns (gases, estreñimiento,catarro, tose, queimaduras, hematomas e feridas, febre, sono...) e os distintos tipos de remedios naturais para combatelas.
Descubrimos que variando a dosificación, a maioría son válidos para toda a familia e poden complementar a medicina tradicional: sempre se debe asistir a un especialista para obter un diagnóstico fiable, consultando a compatibilidade dos remedios naturais cos farmacolóxicos. As socias alí presentes puidemos coñecer as vantaxes do botiquín natural: gran variedade (polo que se pode adaptar ás nosas necesidades), non enmascara os síntomas (que son unha info moi valiosa que o copo nos da sobre o seu estado), menos efectos secundarios e complementa o tratamento cunha forma de vida máis saudable.