jueves, 8 de mayo de 2014

FOTOS Xornada de primavera: troco, porteo...

Xornada de primavera, con múltiples actividades (26/04/2014)


Participación no Cambio simultáneo de pañais de tea (sede non oficial para o Record Guiness).




IV Encontro do Banco de Troco (durante toda a xornada)
Obradoiro de iniciacion ó porteo, impartido por Noelia Prieto.




Diplomas de lactancia materna feliz, entregados polos bebés e nenas/os ás súas mamás.










Nenas, nenos e maiores tamén disfrutaron dos arredores do local nesta xornada. 

Pequena zona de céspede e merendeiro, tras o local



FOTOS Charla Primeiros Auxilios

Charla de Primeiros Auxilios en bebés e nenos. Impartida por Pepe Aguilera, enfermeiro do 061 (28/03/2014)





Un pouco de teoría...
...outro poco de práctica


Graciñas ó pequeno Artai pola súa colaboración! aprendimos moito

Prácticas dun papá voluntario sobre reanimación cardio-respiratoria

Gracias á nosa asesora Majo, por improvisar un espazo para os máis pequechos


miércoles, 9 de abril de 2014

Xornada de actividades 26 abril 2014

Teta e Coliño organiza unha xornada de actividades, tomade nota!!!

SÁBADO 26 DE ABRIL 2014

11:00 h. Cambio simultáneo de pañal de tela (sede non oficial para o Récord Guiness)


12:00 h. Comezo do IV Encontro de Troco (estará dispoñible durante o resto da tarde)


14:00 h. Comida campestre (pic-nic) de familias


16:30 h. Obradoiro de iniciación ó porteo


17:30 h. Entrega de diplomas de lactancia




LUGAR: Asociación de Veciños de Francos (Calo-Teo)

Asistencia libre e gratuíta



CÓMO CHEGAR: 


Desde Santiago
N-550 dirección Padrón
A uns 7 km desde Santiago, veremos o restaurante San Martiño (está á dereita)
Pasamos o restaurante, e xa atopamos o cruce para Faramello e Lampai
Saímos nese cruce á dereita e seguimos a carretera
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San Martiño”
O local está ó lado da capela.


Desde Padrón
N-550 dirección Santiago
Pasamos Picaraña. Onde remata o dobre carril de vehículos lentos, saímos á dereita (dirección Faramello, Lampai), para así cruzar ó lado esquerdo da Nacional
Imos dar a unha carretera comarcal, continuamos por ela.
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San Martiño”
O local está ó lado da capela. 


Se te perdes, chámanos e tentaremos guiarte! teléfono 651111489 



martes, 25 de marzo de 2014

Reunións grupo A Estrada

Con moita alegría anunciámosvos que Teta e Coliño reanuda as reunións do grupo da Estrada.

As reunións serán quincenais, o 2º e 4º martes de cada mes, en horario de 17:30h a 19:30h. 

O lugar será o habitual: a sala de exposicións NGB (Rúa Calvo Sotelo). 

A primeira reunión será o vindeiro martes 8 de abril. Anímaste a acompañarnos?? 

jueves, 20 de marzo de 2014

Charla de Primeiros Auxilios en nenos


A asociación Teta e Coliño organiza unha charla sobre Primeiros Auxilios en bebés e nenos, de interese para nais e pais, mestras/es, monitoras/es, etc.


Será impartida por Pepe Aguilera, enfermeiro e membro de Urxencias Sanitarias de Galicia 061

Día: 28 de marzo 2014
Hora: 17:00 h
Lugar: Casa de Cultura de Bertamiráns (Ames - A Coruña)

Charla gratuíta. É necesario apuntarse con antelación no correo tetaecolo@hotmail.com