martes, 1 de marzo de 2016

Cumprimos 5 anos


Hoxe fai 5 anos que tivemos a nosa primeira reunión, comezamos pouco a pouco e fomos crecendo moito ao longo destes anos, en moitos sentidos. Damos as grazas a todas as socias, á xunta directiva, voluntarias e ás familias que nos apoiades incondicionalmente. Tamén a quen nos cedeu neste tempo locais de forma gratuíta, en especial ao concello de Ames e á asociación Novo Vigo de Navia. E sobre todo a todos os bebés, que son o noso principal motor de esforzo e cambio. Sen todos e cada un de vós todo isto non sería posible. Grazas!

martes, 9 de febrero de 2016

Obradoiro de porteo en Milladoiro


O vindeiro mércores 17 de febreiro o grupo de porteo da Asociación Teta e Coliño ofrecerá un obradoiro de iniciación ó porteo. 

Ilustración: Gioia Albano. http://www.albanogioia.com/

No obradoiro abordaremos cales son os beneficios do porteo para nenos/as e adultos, como practicar un porteo cómodo e seguro e que tipo de portabebés básicos existen no mercado. 
A continuación os/as asistentes poderán probar portabebés para aprender a súa colocación. Para iso porase a disposición dos asistentes os portabebés do grupo de porteo, e por suposto tamén se poderán traer os que se teñan na casa. 
Dispoñeremos de bonecos de porteo para facer as probas.

Ademais, aquelas familias que sexan socias poderán facer uso do servizo de préstamo


Día: mércores 17 de febreiro 2016
Hora: 17:30h
Lugar: Casa de Cultura de Milladoiro (Ames - A Coruña)

ASISTENCIA GRATUÍTA, PLAZAS LIMITADAS
INSCRICIÓN PREVIA: tetaecolinho@gmail.com 

viernes, 22 de enero de 2016

Nova data para reunión de porteo

Xa temos data para recuperar a reunión de porteo de Milladoiro que quedara cancelada. Será o mércores 3 de febreiro, de 17:30 a 19:30h. 

Como sempre, asistencia libre e gratuíta, e co noso servizo de préstamo de portabebés. Esperámosvos!! 

lunes, 18 de enero de 2016

Cancelación de reunión de porteo

Lamentamos comunicarvos que a reunión de porteo programada para o mércores 20 de xaneiro na sede de Milladoiro queda cancelada. 
Mantéñense con normalidade o resto de datas previstas.