martes, 18 de junio de 2013

Final de temporada 2013

Teta e Coliño celebra xa as últimas actividades esta temporada!! verémonos os días:

-Martes 25 xuño: REUNIÓN no Milladoiro.

-Xoves 27 xuño: ENCONTRO DO BANCO DE TROCO en Bertamiráns (lembrade que non haberá reunión o día 20).

-Xullo (a precisar día): REUNIÓN + ACTIVIDADES ó aire libre en Bertamiráns.


E como cada ano, durante os meses de verán...
-Non celebraremos reunións. 
-As visitas domiciliarias quedan limitadas a urxencias.
-Mantéñense con normalidade as liñas para consultas telefónicas. 

Volveremos reunirnos e retomar a normalidade no mes de setembro.

Achégate a despedir a temporada, 
e dálle a benvida ó verán con nós!! 


jueves, 13 de junio de 2013

I Encontro de Troco Teta e Coliño

O Banco de Troco Teta e Coliño comeza o seu labor solidario tamén en persoa: o día 27 de xuño exporá os ARTIGOS DISPOÑIBLES DO SEU FONDO! Así que se queres velos en directo, non deixes de unirte a este ENCONTRO!!!

XOVES 27 DE XUÑO, A PARTIR DAS 18 h
CASA DE CULTURA DE BERTAMIRÁNS (AMES - A CORUÑA)

Recolleremos alí mesmo DOAZÓNS E TROCOS (se se trata de algo voluminoso, por exemplo un carriño, por favor ponte antes en contacto con nós).

Cando nos entregas artigos para trocar recibes a cambio un número de PUNTOS, que podes empregar xa ese mesmo día. Se non ves nada que che interese, podes trocalos máis adiante (os puntos non caducan).

Se non tes nada que poidas traer para trocar, non te preocupes! poderás levar o que che guste adquirindo un bono de puntos (1 punto=1 euro). 

IMPORTANTE!! ese día entregaremos os artigos reservados (se non se recolleran xa antes). Se estás nese caso e non poderás acudir, por favor avísanos. 

Para calquera pregunta, contacta con nós nos teléfonos 690662828 (Susana) e 651082881 (Noelia)

ANÍMATE A PARTICIPAR, E COMPARTE O EVENTO COA TÚA XENTE!!! 


Podes ir botándolle un ollo ás fotos dalgúns artigos, baremo de puntos, etc. na páxina do Banco de Troco: https://www.facebook.com/pages/Banco-Troco-Teta-e-Coliño/140191912833874

jueves, 16 de mayo de 2013

Próximas reunións de maio

Milladoiro: reunións os martes 21 (charla) e martes 28

A Estrada: reunión o mércores 22

Bertamiráns: reunión o xoves 30 (queda CANCELADA a reunión do xoves 23)


lunes, 13 de mayo de 2013

Charla Alimentación Complementaria e Autorregulación

Teta e Coliño ofrece neste mes de maio a súa charla sobre Alimentación Complementaria.

Nesta charla aclararemos por que, cando e como comezar a ofrecer alimentos complementarios ós nosos bebés, repasaremos errores e mitos frecuentes e analizaremos o papel da autorregulación neste proceso. Neste sentido, compartiremos experiencias sobre a alimentación dirixida polo bebé (Baby Led Weaning).

Tamén faremos fincapé no papel que a familia, como elemento principal de socialización para os bebés e nenos pequenos, ten na adquisición de habilidades e transmisión de actitudes relacionadas coa alimentación. 

Por último, recomendaremos enlaces e bibliografía de interese, nos que poder afianzar datos e aprender máis sobre este tema tan interesante.

A charla terá lugar o próximo MARTES 21 DE MAIO, a partir das 16:30 h no Centro Sociocultural do Milladoiro (AMES - A CORUÑA). A asistencia será LIBRE E GRATUÍTA, e non será necesaria a inscrición previa. Como sempre os nenos e nenas serán moi benvidos!!

NOTA: Nesta ocasión sortearemos un exemplar do libro "El niño ya come solo" (Gill Rapley) entre todos e todas as asistentes. Anímate a participar!!

sábado, 11 de mayo de 2013

Banco de Troco

En Teta e Coliño traballamos sen ánimo de lucro en prol das familias, baseándonos nos principios de comunidade e solidariedade, aproveitamento de recursos locais e fomento do ecoloxismo familiar.
Ata o momento  empregamos esta base de traballo  para ofrecer reunións de familias, asesoría en lactancia, apoio na crianza, realización de actividades de interese, colaboracións… e agora temos a satisfacción de compartir con vós unha nova iniaciativa: a posta en marcha do noso BANCO DE TROCO. 

¿Queres saber en que consiste? pincha aquí e descúbreo: BANCO DE TROCO