miércoles, 16 de octubre de 2013

Reanudamos as nosas reunións 2013-14 (fotos)

Teta e Coliño vén de reanudar con moita forza as reunións abertas nas sedes de Milladoiro e Bertamirás, cuns 45 asistentes aproximadamente ata o momento entre mamás, papás e algunha avoa (máis outros tantos bebés e nenas/os). 

Gracias a todas e todos os que vos achegastes a consultar e compartir experiencias. Gracias tamén ás nosas socias, que nos axudan a axudar... e un agarimo especial ás nosas asesoras! que cada día se esforzan por ofrecer o mellor de si mesmas a tantas familias.

Atoparémonos de novo a semana que vén, no obradoiro de Milladoiro (mércores) e a reunión de Bertamiráns (venres). 

Unha aperta!!!!











lunes, 14 de octubre de 2013

OBRADOIRO SOBRE PARTO E NACEMENTO

O parto e o nacemento son momentos cruciais na vida. Estar informados, coñecer os nosos dereitos como nais e pais, así como os do noso bebé, é algo fundamental.

Por iso, o vindeiro MÉRCORES 23 DE OUTUBRO organizaremos un obradoiro sobre PARTO E NACEMENTO. Na Casa de Cultura do Milladoiro (Ames), a partir das 16:30 h.

Amanda Greavette
Falaremos sobre plan de parto, dereitos no sistema sanitario, experiencias persoais, lecturas recomendadas... 

Se tes algo que contar, se tes dúbidas que compartir... anímate a participar!!! 

Asistencia libre e gratuíta. Nenas e nenos son benvidos.


lunes, 7 de octubre de 2013

Reportaxe sobre lactancia TVG

A TVG vén de emitir este pequeño reportaxe no que participaron familias de TETA E COLIÑO, co gallo da Semana Mundial da Lactancia materna 2013: Reportaxe TVG 3/10/2013

Oxalá no futuro a lactancia materna estea normalizada, e non necesitemos de entrevistas, celebracións nin reivindicacións. Pero mentres ese momento non chega, seguiremos alzando a nosa voz!

Graciñas pola súa colaboración a: Mónica, María, Clara, Sonia, Silvia, Noelia; e, por suposto, ós seus fillos e fillas. 


FELIZ SEMANA DA LACTANCIA 2013


lunes, 30 de septiembre de 2013

II ENCONTRO DO BANCO DE TROCO

A Asociación TETA E COLIÑO celebra o seu II Encontro de Troco.

-VENRES 4 DE OUTUBRO

-Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo (Santiago de Compostela). 
-A partir das 17:00h.


Esperámosvos!! 




Páxina do Banco de Troco (fondo de artigos dispoñibles, peticións e reservas...): BANCO DE TROCO EN FACEBOOK




domingo, 1 de septiembre de 2013

Medra a rede de Asesoras de lactancia

Teta e Coliño amplía a súa rede de axuda, apoio e asesoramento gratuítos. Nesta nova temporada poñemos á vosa disposición asesoras formadas en lactancia materna en numerosos puntos da xeografía galega e noutras provincias. 
Para saber onde están e como contactar con elas, click aquí: Contacta coas asesoras

Se ti tamén estás interesada en formarte como Asesora de lactancia, lembra que Teta e Coliño organiza cada ano cursos online. Máis información no blog: http://asesorialactancia.blogspot.com.es/