A Asociación TETA E COLIÑO celebra o seu III Encontro de Troco de roupa e artigos de bebé, neno/a, embarazada e mamá.
-VENRES 31 DE XANEIRO
-A partir das 17:00h.
-Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo (Santiago de Compostela).
Esperámosvos!!
Páxina do Banco de Troco (fondo de artigos dispoñibles, peticións e reservas): ver páxina
¡¡¡Hola amigas y amigos!!!
Las semanas del 23 de diciembre y del 30 de diciembre del 2013 no habrá reuniones, pero estaremos disponibles en los teléfonos de contacto, correo electrónico y en el whatsapp.
Las reuniones se retoman el miércoles 8 de enero del 2014 en Milladoiro y el viernes 17 de enero del 2014 en Bertamiráns, como siempre en las Casas da Cultura de ambas localidades y en horarios habituales, 16:30-18:30 h. en el primer caso y
18:00-20:00 h. en el segundo.
¡Abrazos!
¡¡¡BUENAS FIESTAS!!!
Socias, mamás, papás, avoas e demais achegados este VENRES 20 de decembro de 18:00 a 20:00 na Casa da Cultura de BERTAMIRÁNS temos unha reunión extra de Teta e Coliño.
¡Vémonos ali!
¡APERTAS!
Teta e Coliño organiza, coa colaboración de Esther Guerra de "Cosas de mami", un interesante obradoiro sobre os cueiros de tea.
 |
| Fonte: Flickr |
Aprenderemos sobre:
-Os cueiros de tea: por que usalos?
-Tipos que existen, vantaxes e inconvenientes de cada un.
-Como elexir os meus cueiros de tea?
-Lavado e coidado dos cueiros
-Trucos para o seu uso
-Complementos
Os/as asistentes terán a oportunidade de ver e tocar diferentes tipos de cueiros.
Se xa os usas e te animas a traer algún para mostralo, estupendo! serán benvidas todas as aportacións.
O obradoiro terá lugar o mércores 13 de novembro, a partir das 16:30h na Casa de Cultura do Milladoiro (Ames-A Coruña).
Prégase puntualidade!!
Asistencia libre e gratuíta. Os nenos e nenas son benvidos.
Teta e Coliño vén de reanudar con moita forza as reunións abertas nas sedes de Milladoiro e Bertamirás, cuns 45 asistentes aproximadamente ata o momento entre mamás, papás e algunha avoa (máis outros tantos bebés e nenas/os).
Gracias a todas e todos os que vos achegastes a consultar e compartir experiencias. Gracias tamén ás nosas socias, que nos axudan a axudar... e un agarimo especial ás nosas asesoras! que cada día se esforzan por ofrecer o mellor de si mesmas a tantas familias.
Atoparémonos de novo a semana que vén, no obradoiro de Milladoiro (mércores) e a reunión de Bertamiráns (venres).
Unha aperta!!!!