jueves, 19 de junio de 2014

Repetimos!! novo obradoiro de porteo


Imaxe: Gioia Albano
Tras o éxito do noso recente obradoiro de porteo, repetimos!! toma nota desta nova oportunidade de aprender sobre portabebés e porteo ergonómico.

Estará especialmente dirixido a persoas interesadas en iniciarse no mundo do porteo, pero tamén poden acudir aquelas con experiencia previa.

Como sempre, podes traer os teus portabebés, ou probar algún dos que teremos como mostra: fulares, bandoleiras, mochilas... Disporemos tamén de bonecos adecuados para practicar.


Actividade organizada pola Asociación Teta e Coliño, impartida por Maruxa Cabaleiroasesora de porteo Mimos y Teta.


DÍA: MARTES 24 DE XUÑO
HORA: a partir das 17:30h. 
LUGAR: Sala de Exposicións NGB (A Estrada, Pontevedra).

Asistencia libre e gratuíta. Nenas e nenos son moi benvidas/os!!

jueves, 12 de junio de 2014

Obradoiro avanzado de porteo

Se che interesa seguir aprendendo sobre porteo ergonómico, non te perdas este interesante obradoiro. Aprenderemos sobre portabebés para diferentes idades e necesidades, practicaremos novos nudos de fular, etc. Achégate a resolver as túas dúbidas!!

Podes traer os teus portabebés, ou probar algún dos que teremos como mostra: fulares, bandoleiras, mochilas...

Organizado pola Asociación Teta e Coliño, impartido por Maruxa Cabaleiroasesora de porteo Mimos y Teta.

DÍA: MÉRCORES 18 DE XUÑO
HORA: a partir das 16:30h. 
LUGAR: Casa de Cultura de Milladoiro (Ames – A Coruña).

martes, 13 de mayo de 2014

Charla en A Estrada: CLAVES PARA UNHA LACTANCIA EXITOSA

Teta e Coliño ofrecerá en A ESTRADA a súa charla "Claves para unha lactancia exitosa", o vindeiro martes 27 de maio, a partir das 17:30h.
O lugar será o seu local habitual de reunións: a sala de exposición de NovaGalicia Banco (rúa Calvo Sotelo).

A charla xirará en torno ó correcto establecemento da lactancia desde os seus inicios: contacto precoz e primeiras tomas, funcionamento do peito, produccion de leite, posición e agarre, prevención e resolución de posibles dificultades, etc.

Será impartida por Noelia Prieto, asesora de lactancia, doula e presidenta da Asociación.

Esta actividade é de especial interese para embarazadas e as súas parellas, nais e pais, persoal que traballe con estes colectivos, e en xeral calquera persoa interesada en aprender sobre lactancia.

A entrada é libre e gratuíta. Bebés e nenos/as son benvidos/as. 

FOTOS Charla parto na casa

Charla sobre o parto na casa. Impartida por Luna de Brigantia, equipo de matronas a domicilio (07/05/2014)





Dous bebés nacidos en casa botan unha parrafadiña

jueves, 8 de mayo de 2014

FOTOS Xornada de primavera: troco, porteo...

Xornada de primavera, con múltiples actividades (26/04/2014)


Participación no Cambio simultáneo de pañais de tea (sede non oficial para o Record Guiness).




IV Encontro do Banco de Troco (durante toda a xornada)
Obradoiro de iniciacion ó porteo, impartido por Noelia Prieto.




Diplomas de lactancia materna feliz, entregados polos bebés e nenas/os ás súas mamás.










Nenas, nenos e maiores tamén disfrutaron dos arredores do local nesta xornada. 

Pequena zona de céspede e merendeiro, tras o local