miércoles, 18 de enero de 2017

Próximos obradoiros en A Coruña


Teta e Coliño ofrece o obradoiro "Coidados bucodentais nos nosos nenos". 

¿Que importancia ten a saúde bucodental na infancia?¿É importante o coidado dos dentes de leite? A Dra Patricia Aneiros, especialista en odontoloxía pediátrica, informaranos sobre a importancia da saúde bucodental dos nosos fillos, e sobre os últimos estudos neste campo. Farase un obradoiro de cepillado dental, así que animámosvos a que traiades o cepillo dos vosos fillos.


Día: sábado 27/01/2017
Hora: 18:00h
Lugar: Centro cívico Monelos (Avda. Monelos, 2)

Asistencia gratuíta. 


Teta e Coliño ofrece o obradoiro "Osteopatía pediátrica". 

¿Que é a osteopatía aplicada á pediatría? ¿Q beneficios lles aporta ós nosos fillos? ¿E a osteopatía sacrocraneal? Silvia Cerdeiras, fisioterapeuta e osteópata da clínica Fisiocentro, vainos aclarar dúbidas con respecto a estas técnicas, que realiza de forma respetuosa ós pequenos da casa.


Día: sábado 28/01/2017
Hora: 11:00h
Lugar: Centro cívico Castrillón (Praza Pablo Iglesias, s/n)

Asistencia gratuíta. Aforo limitado con preferencia para familias socias. Inscrición previa en tetaecolinhocorunha@gmail.com, indicando: 
-Nome e apelidos
-Socia / non socia

No hay comentarios:

Publicar un comentario