lunes, 6 de febrero de 2017

Presidencia Teta e Coliño

Benqueridas socias e amigas de Teta e Coliño, 

Na derradeira reunión da Xunta Directiva (20/01/17) e con moito pesar, a nosa Presidenta Noelia Prieto Gómez, que coordinou e dirixiu esta Asociación durante estes case 6 anos de existencia de Teta e Coliño, presentou a súa renuncia por motivos persoais, que responden as súas necesidades vitais incompatíbeis co desempeño do cargo. 

Despois de recibir esta nova con absoluta estupefacción e tristura queremos informarvos de que a directiva precisamos un tempo para reorganizarnos e redefinir o rumbo asociativo, non sen antes agradecer toda a súa labor, a súa vontade, o seu esforzo sobrehumano para manter a actividade e a identidade de Teta e Coliño. Todas sabemos que foron os seus valores e a súa bondade os que mantiveron a flote esta asociación, inclusive nas súas peores horas. Non existen verbas para agradecer tanto traballo e dedicación, que sen dúbida deixarán un baleiro difícil de encher. 

Agradecemos a vosa confianza e paciencia nestes momentos e tentaremos transmitirlle todo o voso cariño e agradecemento para que a súa nova vida se encha de orgullo e boas experiencias. 

Desde a directiva esperamos, que máis cedo que tarde, poida colaborar no futuro con nós e manteñamos o contacto sempre. 

Agardamos que isto sexa un ata pronto... 

Grazas de antemán pola vosa comprensión. 


Xunta Directiva Teta e Coliño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario