A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición recomenda precaución ás mulleres embarazadas ou que podan estalo, mulleres en fase de lactación e a nenos de curta idade (entre 1 e 30 meses).
A este grupo de poboción se lle recomenda consumir unha ampla variedade de peixe, evitando consumir as especies máis contaminadas con mercurio, o consumo das cales debe limitarse.
As recomendacións para o consumo de Peixe espada, Tiburón, Atún vermello (Thunnus thynnus: especie grande, normalmente consumida en fresco ou conxelada e fileteada) e Lucio son as seguintes:
- Mulleres en idade fértil, embarazadas ou en período de lactación. Evitar o consumo
- Nenos < 3 anos. Evitar o consumo
- Nenos 3-12 anos. Limitar a 50 gr/semana ou 100gr/ 2 semanas. (Non consumir ningún outro dos peixes desta categoría na mesma semana).