O próximo xoves 27 de outubro a partir das 20 h, Teta e Coliño ofrecerá unha charla no Centro de Saúde de BERTAMIRÁNS.
Estará especialmente dirixida a embarazadas, pero como sempre pode acudir calquera persoa interesada no tema. Falaremos sobre:
-Teta e Coliño. Que é un grupo de apoio á lactancia materna, contacto, horarios e servizos que ofrecemos.
-Creación do novo grupo de Teta e Coliño en Bertamiráns.
-Creación do novo grupo de O Parto é Noso no Milladoiro.
-Coloquio sobre temas de interese: parto e lactancia. Primeiros momentos. O calostro e a subida do leite. Dúbidas frecuentes.