O martes 15 de maio, a partir das 16:30, Teta e Coliño ofrecerá unha charla en Milladoiro, onde coñeceremos este novo proxecto que tanto promete: as MADRIÑAS DE LACTANCIA
Falaremos de que significa ser Madriña de Lactancia, os requisitos necesarios, qué pode esperar dela a embarazada que a solicite e cal é o protocolo de actuación. Así, daremos por inauguradas a Bolsa de Madriñas e a a Bolsa de Afilladas.
Qué son as MADRIÑAS DE LACTANCIA?
Son nais voluntarias con experiencia en lactancia materna e formación específica ó respecto, que acompañan a outras futuras nais (afilladas) que desexen comezar a informarse para unha lactancia feliz.
Deste xeito, a embarazada que así o solicite conseguirá información de primeira man; e para cando naza o seu bebé terá adquirido un coñecemento directo da lactancia e plena confianza na súa capacidade para aleitar.
Os estudios científicos corroboran que a asistencia a grupos de apoio e a relación con nais lactantes aumenta a taxa de lactancias exitosas.
Por iso queremos animarvos, tanto a nais como a embarazadas, a que participedes deste programa e vos beneficiedes del!
Como me apunto?
Escribe un correo electrónico cos teus datos para apuntarte na bolsa de Madriñas o na bolsa de afilladas: tetaecolo@hotmail.com
Tamén podes apuntarte en calquera das nosas reunións ou talleres.
ANÍMATE!
Se xa es nai, pensa no gratificante que che pode resultar axudar coa túa experiencia a outra futura mamá.
Se estás embarazada, interésache moitísimo ter acceso canto antes a unha boa información e a un apoio para lograr unha lactancia plena e feliz.
Dente Teta e Coliño damos MOITÍSIMAS GRACIAS ás nosas compañeiras da Asociación Sina, que tan amablemente nos cederon o seu protocolo de actuación de Madriñas de Lactancia.