SÁBADO 5 DE XULLO 2014
Asociación de Veciños de Francos (Calo-Teo)
Teta e Coliño celebra a súa tradicional reunión de verán,
nesta ocasión coincidindo coa exposición do Banco de troco.
Se todavía non coñeces o banco ou queres ver o fondo actual, podes visitalo
aquí: BANCO DE TROCO
Se necesitas asesoría sobre lactancia materna, ou
simplemente che apetece pasar un bo rato conversando sobre lactancia e crianza, achégate e aproveita!!
Aviso 1. Imos necesitar voluntarias para a colocación e
recollida da roupiña. Se podes colaborar en algo, avísanos! Gracias!!
Aviso 2. Para socias, se algunha quere recoller o voso diploma
de lactancia ou ben levar en préstamo algún libro, avisade con antelación e
volo levamos.
Asistencia libre e gratuíta. Nenas e nenos son moi benvidos.
Desde Santiago
N-550 dirección Padrón
A uns 7 km desde Santiago, veremos o restaurante San Martiño
(está á dereita)
Pasamos o restaurante, e xa atopamos o cruce para Faramello
e Lampai
Saímos nese cruce á dereita e seguimos a carretera
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San
Martiño”
O local está ó lado da capela.
Desde Padrón
N-550 dirección Santiago
Pasamos Picaraña. Onde remata o dobre carril de vehículos
lentos, saímos á dereita (dirección Faramello, Lampai), para así cruzar ó lado
esquerdo da Nacional
Imos dar a unha carretera comarcal, continuamos por ela.
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San
Martiño”
O local está ó lado da capela.
Se te perdes, chámanos e tentaremos guiarte! teléfono 651111489