Mostrando entradas con la etiqueta porteo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta porteo. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de diciembre de 2015

Últimas reunións 2015 - primeiras reunións 2016

Chegaron as últimas reunións do ano!! tomade nota: 
  • Mércores 16 decembro, 17:30-19:30. Reunión de PORTEO en MILLADOIRO (AMES)
  • Xoves 17 decembro, 17:00-19:00. Reunión de LACTANCIA en NAVIA (VIGO)
  • Sábado 19 decembro, 10:30-12:30. Reunión de PORTEO en SAIÁNS (VIGO)


E as primeiras de 2016 serán as seguintes:
  • Xoves 7 xaneiro, 17:00-19:00. Reunión de LACTANCIA en NAVIA (VIGO)
  • Mércores 13 xaneiro, 17:30-19:30. Reunión de LACTANCIA en MILLADOIRO (AMES)
  • Mércores 20 xaneiro, 17:30-19:30. Reunión de PORTEO en MILLADOIRO (AMES)
  • Xoves 21 xaneiro, 17:00-19:00. Reunión de LACTANCIA en NAVIA (VIGO)
  • Mércores 27 xaneiro, 17:30-19:30. Reunión de LACTANCIA en MILLADOIRO (AMES)
  • Sábado 30 xaneiro, 10:30-12:30. Reunión de PORTEO en SAIÁNS (VIGO)

Como sempre, asistencia libre e gratuíta. COMPARTE!! 

sábado, 7 de noviembre de 2015

Reanudamos grupos de porteo

Estas serán as primeiras reunións da temporada dos GRUPOS DE PORTEO TETA E COLIÑO:
  • MILLADOIRO (AMES): mércores 18 novembro, 17:30h. Casa de Cultura. Avenida do Porto, s/n.
  • SAIÁNS (VIGO): sábado 28 novembro, 10:30h. Centro Cívico. Bajada a la playa, 83.
Nestas reunións compartimos información e experiencias: beneficios do porteo, porteo ergonómico e porteo seguro, características dos portabebés, etc. 
Dispoñemos de diferentes tipos e modelos, para probar alí mesmo ou para levar en préstamo: fular, bandoleira, mei-tai, mochilas... (préstamos só para familias socias).
Están tamén dispoñibles bonecos de porteo.

Asistencia libre e gratuíta. Nenos/as son moi benvidos/as.


miércoles, 24 de junio de 2015

ENCONTRO DE TROCO + PORTEO VERÁN 2015


A Asociación Teta e Coliño organiza, desde os seus grupos de traballo Banco Troco Teta e Coliño e Grupo de porteo Teta e Coliño:

-ENCONTRO DE TROCO. Trae a roupa que xa non precises, e leva a roupa de verán, ou mesmo a da volta ó cole!!
Tamén recollemos doazóns.

-REUNIÓN DE PORTEO DE VERÁN. Buscas un portabebés fresquiño para estes meses? tes un portabebés na casa que queres aprender a usar? algunha dúbida na te poidamos axudar? Aproveita a ocasión!! 
Ademais, se es socia poderás levar en préstamo portabebés do noso fondo.

  • Día: sábado 4 de xullo 2015
  • Hora: desde as 12:30h ata as 18:30 aprox.
  • Lugar: Local da Asociación de Veciños de Francos (Teo).

COMO CHEGAR: mira neste MAPA xusto ó lado da Capela de san Martiño. Ó chegar xa verás o LOCAL


NOTA: Necesitaremos voluntarias para montar e desmontar a exposición de troco. Se podes botarnos unha man, escríbenos ó correo tetaecolinho@gmail.com 
Gracias!!

miércoles, 17 de junio de 2015

Actividades xuño-principios de xullo 2015

Achégase o verán, pero a actividade continúa a bo ritmo en Teta e Coliño. Estas son as próximas reunións e eventos:

-Xoves 18 xuño, reunión de lactancia en Vigo
-Venres 26 e sábado 27 de xuño, reunións de crianza en Teo.
-Martes 30 xuño, obradoiro de preparación á lactancia en A Estrada. 
-Sábado 4 xullo, encontro de troco e reunión de porteo en Teo.

Non se celebrarán as reunións do martes 23 en A ESTRADA nin a do mércores 24 en BERTAMIRÁNS por caer en festas locais.

Irémosvos informando das próximas reunións e obradoiros. Máis info en tetaecolinho@gmail.com

lunes, 8 de junio de 2015

PORTEO EN VIGO, XUÑO 2015

O grupo de porteo Teta e Coliño reúnese nesta ocasión en VIGO, no Parque de Castrelos. Alí imos celebrar un obradoiro no que compartir información e trucos prácticos.

-Se queres aprender sobre porteo ergonómico e porteo seguro...
-Se queres asesoramento sobre o portabebés que necesitas...
-Se xa tes na casa un portabebés e queres aprender a usalo...
-Se xa porteas e che apetece probar outros tipos, modelos ou tecidos de portabebés…
-Se queres compartir a túa experiencia, coñecer a outras familias cos mesmos intereses...
… non te perdas esta oportunidade!!!! 

As nosas voluntarias explicarán o que necesitas saber para comezar a disfrutar da experiencia. Levaremos o noso fondo de portabebés: fulares elásticos e tecidos, bandoleiras, mochilas para diversas idades... e tamén bonecos para probar. 
Despois, se es socia poderás levar portabebés en préstamo para casa, e así seguir practicando.

Ademais, durante o obradoiro disfrutaremos dunha merenda compartida entre as familias. Podes traer o que queiras.

Asistencia libre e gratuíta. Axúdanos a difundir!!!

Día: venres 12 de xuño 2015
Hora: desde as 17:30h

Lugar: Parque de Castrelos (entre o auditorio e o parque infantil)



sábado, 14 de julio de 2012

Merendola ó aire libre + obradoiro de fular

O vindeiro MARTES 17 DE XULLO, a partir das 18:00, celebraremos unha REUNIÓN-MERENDOLA Ó AIRE LIBRE!

Aproveitaremos tamén para organizar un OBRADOIRO DE PORTEO CON FULAR, para aprender un pouco máis sobre os diferentes nudos.
Para os máis pequenos, haberá xogos e obradoiros. E trala merenda,un pequeno sorteo de regaliños.


Esta xuntanza será en Bertamiráns, no parque da rúa Arrucheiro. É un parque con zona de céspede, parque infantil e un paseo á beira dun regato. Alí buscaremos a sombriña!
Neste plano, sinalamos o parque cun X.

A asistencia é libre e gratuíta, só pedimos que cada familia aporte algo para merendar, e unha toalla.

Tanto se sodes habituais das nosas reunións, como se vides de tarde en tarde, ou é a vosa primeira vez... ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!! Compartiremos entre todos unha agradable tarde familiar de merenda, charla e xogos.



miércoles, 4 de julio de 2012

Obradoiros de xuño 2012: fotos

INICIACIÓN Ó PORTEO. Con Aloumiños de Leite.
Lalín, 20 de xuño 2012


 
 
 
Fular elástico
 
Fular tejido
 
Bandolera de anillas

Mei-tai
 
Mochila


ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA E AUTORREGULACIÓN. Bertamiráns, 21 de xuño 2012
 




sábado, 3 de marzo de 2012

Aniversario de Teta e Coliño

Este mes de marzo 2012, Teta e Coliño celebramos...
o noso PRIMEIRO ANIVERSARIO!!!

Este ano xuntos poderíase definir como "intenso e vertixinoso". Dende o noso mesmo nacemento estivo felizmente cheo de consultas, xuntanzas e moitas actividades!
Sen dúbida, o máis emocionante foi ir vendo medrar a tantos bebés durante todos estes meses; e saber que, dalgunha maneira, puxemos o noso granciño de area para moitas desas exitosas lactancias maternas. Noraboa, mamis e peques!!

Tamén foi un gran motivo de alegría abrir a nosa segunda sede, e que as reunións resultasen tan concurridas como as da primeira. Gracias por facelo posible!!

Por suposto, non poderiamos celebrar unha data tan especial doutro xeito que cun feixe de propostas para este mes de marzo, que esperamos que vos resulten interesantes e divertidas. Unha aperta moi forte para todas, e vémonos nas charlas e merendolas!


MARTES 6 de marzo
-REUNIÓN MERENDOLA
Casa de Cultura do Milladoiro, ás 16:30 h


MARTES 13 de marzo
-OBRADOIRO DE PORTEO. A cargo de Susana Cenalmor, mamá experta en portabebés.
Casa de Cultura do Milladoiro, ás 16:30


XOVES 15 de marzo
-REUNIÓN MERENDOLA
Casa de Cultura de Bertamiráns, ás 18:00 h


VENRES 16 de marzo
-CHARLA SOBRE OS GRUPOS DE APOIO Á LACTANCIA MATERNA
-PROXECCIÓN DO VÍDEO "12 meses de Teta e Coliño"
Auditorio da Casa de Cultura de Bertamiráns, ás 17:30


Acceso libre e gratuíto a todas as actividades. Os nenos son moi benvidos

sábado, 14 de enero de 2012

Charla de porteo 2012: fotos


24 mamás e papás aprendimos sobre os portabebés ergonómicos

Familias coñecidas e tamén outras novas acudiron á charla


Fular elástico, o preferido por moitas mamás para os primeiros meses

 
Un dos bebés máis porteados de Teta e Coliño...
pero xa é grande, e agora só quere xogar no chan!



UN SAÚDO PARA TODOS E TODAS AS ASISTENTES

E GRACIAS A CATHY POR IMPARTIR A CHARLA


¡¡BEBÉ FELIZ, BEBÉ NO COLIÑO!!


lunes, 26 de diciembre de 2011

Charla de iniciación ó porteo

PORTEAR ÓS NOSOS BEBÉS É... 
  • Amar, sentir, acariciar, relaxar, bicar, respetar, dar calor, transmitir seguridade e afecto...
  • Favorecer o seu desenvolvemento físico. A postura ergonómica proporciona múltiples beneficios!
  • Facilitar o seu sono, e proporcionarlles un estado de benestar en xeral.
  • Darlles a oportunidade de vivir o mundo dende un lugar privilexiado: experimentando cos cinco sentidos, integrándose nas nosas actividades e aprendendo das nosas relacións sociais.
  • Aumentar a dispoñibilidade da nai ou pai, en especial se se teñen outros fillos.
  • Gozar de liberdade e desprazarse comodamente.
  • E por suposto, tamén ten múltiples vantaxes para a lactancia materna!

En resume, portear dános a posibilidade vivir a crianza da maneira máis natural, confortable e pracenteira para toda a familia.  

Para falar de todos estes beneficios tan interesantes, organizamos unha CHARLA DE INICIACIÓN Ó PORTEO, onde tamén veremos os diferentes tipos de portabebés e as súas principais características. Como sempre a asistencia é libre e gratuíta.
Traede os vosos portabebés se os tedes, así compartiremos experiencias e dúbidas entre todas!

Día: XOVES 12 de xaneiro
Hora: a partir das 18:00 h
Lugar: Casa de Cultura de Bertamiráns.

miércoles, 27 de julio de 2011

UNHA TARDE DE PORTEO EN MOI BOA COMPAÑÍA

Onte día 26 de xullo, disfrutamos dunha entretida charla ó aire libre sobre porteo, seguida dun mini-taller de portabebés.
Os temas dos que falamos foron variados: motivos para portear, vantaxes para o bebé e para os pais, posición adecuada, diferencia entre mochilas ergonómicas e comerciais, criterios para elixir portabebés...

Pouco a pouco, tamén se foron respondendo esas preguntas que nalgún momento todos nos facemos (ou que outras persoas nos fan). Por exemplo: ¿será malo para a miña espalda portear durante moito tempo? ¿e para a espalda do bebé? ¿non se afogará aí metido? ¿cal é a mellor maneira de facer a transición dende durmir no portabebés a durmir nunha cama? ¿é conveniente ou non que vaia mirando cara adiante?

Tras repasar a teoría, pasamos a coñecer os distintos tipos de portabebés que nos ofrece o mercado, así como a conveniencia de usar uns ou outros segundo o emprego que lle vaiamos dar, e a idade do noso bebé: fular tradicional, fular elástico, bandoleira, manduca... 



Ó remate, moitos dos pais e nais presentes trouxeron os seus propios portabebés, e aproveitaron para preguntar pequenas dúbidas sobre o seu uso. 

A tarde foi longa, así que houbo tempo para todo e para todos.


TETA E COLIÑO quere darvos as gracias a todas as familias que fixestes posible facer desta charla a máis multitudinaria ata o momento!! contamos con 50 asistentes entre nais, pais e bebés, sen esquecernos das nosas queridas "barrigolas". 


E por suposto, gracias tamén a Cathy por adicarnos o seu tempo e os seus coñecementos.

Un saúdo a nosa compi Vanessa que se desprazou desde Pontevedra para coñecernos... moita sorte co teu proxecto!!  


Agora esperamos con ilusión os próximos obradoiros. Iremos concretando datas... e, xa sabedes, anunciándoas aquí!

Bicos a todos e todas, e feliz porteo!!

martes, 19 de julio de 2011

CHARLA SOBRE PORTEO

O próximo martes 26 de xullo a partir das 17:30, Teta e Coliño organiza, coa colaboración de Cathy (Gaia dos nenos), unha CHARLA SOBRE PORTEO.

Recordaremos os beneficios de portear para a nai, o pai e o bebé; e repasaremos os distintos tipos de portabebés. Poderemos probalos, resolver dúbidas e aprender un pouquiño máis.

Non esquezades traer os vosos portabebés, no caso de que os teñades.