A asociación Teta e Coliño ofrecerá un obradoiro no que abordaremos as diferentes posibilidades para compatibilizar lactancia e incorporación ó traballo remunerado.
Abordaremos cuestións relativas á extracción de leite, transporte, almacenamento e conservación (creación de bancos de leite caseiros), preparación e a súa administración ó bebé.
Tamén percorreremos as dúbidas, sentimentos e reaccións máis habituais de nais e bebés neste momento vital.
Será facilitado por voluntarias de Teta e Coliño: asesoras de lactancia e nais con experiencia en compatibilizar lactancia e traballo.
OBRADOIRO GRATUÍTO
Prazas limitadas e inscrición previa no correo tetaecolinhovigo@gmail.com indicando:
-Nome e apelidos
-Idade do bebé
-Socia ou non socia de Teta e Coliño
-Interese no obradoiro (algún tema en particular que che gustaría que tratasemos?)
Día: xoves 10/03/2016
Hora: 17:30h
Local: Asociación de Veciños Novo Vigo (Navia)