O Baby Led
Weaning (BLW) está en auxe. Teta e
Coliño apoia ás nais e pais que tentan facer da hora da comida un momento para
disfrutar en familia. BLW é a forma máis natural en que os bebés poden comezar
a alimentación complementaria pois o seu obxectivo é que os nenos aprendan a
comer sólido tal e como o fai o resto da familia, sen papillas. Parece que nos
últimos anos aumenta o interese por este tema, aínda que as recomendacións en
canto a nutrición infantil son moitas veces anticuadas e carecen de consenso
entre os expertos.
Dende a Asociación impartimos unha charla-coloquio para aclarar estas dúbidas e explicar en qué consiste a alimentación
complementaria autorregulada (BLW). Tivo lugar na sede do Milladoiro, na casa da cultura o día 6 de abril da man de voluntarias con moitos meses de
experiencia propia neste tema.
Á cita acudiron
pais e nais que tiveron a oportunidade de escoitar a experiencia destas mamás
cos seus fillos á hora de comezar a AC directamente con sólidos. Durante o
obradoiro explicáronse conceptos básicos para levar a cabo un correcto BLW: que o bebé se manteña sentado, que
perdera o reflexo de extrusión, que mostre interese pola comida,... Ademais
de responderen ás númerosas dúbidas
respeito a cómo preparar os alimentos e cómo ir ofrecendoos pouco a pouco. Tamén xurdiron numerosas preguntas relacionadas
co atrangantamento, e púidose comprobar que este é o maior temor que teñen os
pais á hora de introducir sólidos na alimentación dos seus pequenos. Estes medos desapareceron ao comprobar cómo
outros nenos da asociación foron alimentados de este xeito e hoxe en día teñen
una saudable relación coa comida.
Para completar o
obradoiro recomendáronse a lectura dunha serie de libros que amplían a
información grazas a recoñecidos expertos na materia que aportan datos científicos:
- “Mi niño no me
come”, Carlos González.
- “El niño ya
come solo”, Gill Rapley.
- “Se me hace
bola” , Julio Basulto.
- “Mamá come sano”, Julio Basulto.
Por suposto existen moitos máis. Agardamos que fose de proveito para as familias presentes e que pronto teñamos
novas de cómo foi evolucionando a relación desas crianzas coa comida. Grazas a
todas por vir!
---Información Complementaria Autorregulada---
- Web Julio Basulto: http://Juliobasulto.com
- Conferencia Carlos González: "alimentación infantil libre de papillas": http://www.youtube.com/watch?v=vKioOmhIfGU
- Charla Carlos González, "la alimentación de tu bebé, consejos y recomendaciones":
http://www.youtube.com/watch?v=3HfLkSZHIkM
- Primeiros auxilios no atragantamento do bebé: http://www.youtube.com/watch?v=SrSuzb9uOZY