miércoles, 1 de marzo de 2017
Obradoiro Lactancia e Traballo en Vigo
Este mes de marzo, ademáis das actividades habituais teremos : “Obradoiro Lactancia e traballo”. Xoves, 09/03/17, ás 17h. No local da Asociación de veciños Novo Vigo (Rúa Teixugueiras, nº 11, portal 6, oficina 9B (Navia, detrás de CC.OO. https://goo.gl/maps/dnWQcJADoGs ).
Abordaremos cuestións relativas á extracción de leite, transporte, almacenamento e conservación (creación de bancos de leite caseiros), preparación e a súa administración ó bebé.
Tamén percorreremos as dúbidas, sentimentos e reaccións máis habituais de nais e bebés neste momento vital.
Será facilitado por voluntarias de Teta e Coliño: asesoras de lactancia e nais con experiencia en compatibilizar lactancia e traballo (se algunha de vós quere compartir a súa experiencia de volta ao traballo, pregámosvos cumprimentedes o formulario ou nos enviedes un mail a tetaecolinhovigo@gmail.com). A vosa experiencia é moi importante!
Anota a data e corre a apuntarte!
Formulario de inscrición: https://goo.gl/forms/nfpoOKWkgfCVBVyF3
Día: Xoves 09/03
Hora: 17:00
Lugar: AVV. Novo Vigo (Navia)