Teta e Coliño puido estar representada por unha voluntaria no IX Congreso de Lactancia
Materna, celebrado na cidade de Zaragoza do 23 ao 25 de marzo, onde asistiron
tamén outros representantes de grupos de apoio e persoas interesadas neste
tema.
Durante a xornada puidemos ver dentro do auditorio os stands
expostos (con escasa participación das
casas comerciais neste evento), que citamos a continuación:
- IHAN: organizador do evento, que
proporcionou información sobre os pasos para unha lactancia feliz, o decálogo
da lactancia materna e a guía para nais que amamantan.
- Vía láctea: grupo de promoción, protección e apoio á
lactancia materna.
- Lactaria (asociación aragonesa de apoio á lactancia
materna).
- IBLCE (xunta internacional de examinadores de consultores
de lactancia).
- ARAPREM (asociación de prematuros de
Aragón-https://araprem.org/araprem/) .Con esta asociación foi coa que tivemos
máis contacto. Achegámonos porque nos chamou a atención certas cousiñas que
vendían, como unhas “mans amigas” e o “paquete benvida”(http://misionestelar.blogspot.com.es/).
Alí Bea, a presidenta da asociación, presentouse e falounos do que facían e da
súa motivación (e a das demáis familias) para levar este gran proxecto adiante.
Moita sorte compañeiras!!
Antes de dar comezo oficialmente o Congreso, celebráronse
uns obradoiros simultáneos, en dous dos cales Teta e Coliño estivo presente.
O primeiro levaba por título “Disfunciones
orofaciales. Valoración y rehabilitación de la succión”, no que a logopeda
Mayse Romea falou sobre trastornos deglutorios nos bebés/nenos, así como sobre
a necesidade da detección e rehabilitación temprana para evitar o maior número
de consecuencias nesa e noutras etapas da vida dese rapaz.
O segundo obradoiro foi a cargo de Celia Navarro, e
titulábase “Lactancia, pareja y sexualidad”. Nel falouse sobre o
diferente que somos os homes e as mulleres, a necesidade da comunicación coa
parella, os cambios que se dan nestes cando son pais, os factores que máis
inflúen na sexualidade postparto,...
todo nun ambiente distendido e, sobretodo, moi ameno.
O Congreso comezou co acto inagural a cargo de Nathalie
Charpak “Cuidado de madre canguro: 30 años de experiencia”, no que deu
moita importancia á pel con pel, empoderando á familia do neonato e como
elemento clave durante a estancia hospitalaria, seguindo os coidados
posteriormente no domicilio. Tamén fixo referencia a unhas guías para a
estandarización e a utilización adecuada dos coidados nai canguro, que sairán
publicadas próximamente.
A primeira mesa redonda levaba por nome “Políticas y
estrategias”. Nela falaron catro poñentes, que espuxeron os seus traballos:
o EcoLa, que é unha ferramenta para validar o coñecemento dos pediatras sobre
lactancia materna; unha guía de boas prácticas clínicas sobre lactancia materna
do SNS (xa dispoñible no seguinte enlace:
http://www.ogasun.ejgv.euskadi.eus/r51-catpub/es/k75aWebPublicacionesWar/k75aObtenerPublicacionDigitalServlet?R01HNoPortal=true&N_LIBR=051983&N_EDIC=0001&C_IDIOM=es&FORMATO=.pdf), e unha guía para mulleres, parellas
e familiares (como parte da outra guía, dispoñible en http://www.guiasalud.es/GPC/GPC_560_Lactancia_Osteba_paciente.pdf);
o aforro que tería para a saúde da nai e do fillo e no sistema de saúde lograr
unhas cifras e lactancia óptimas (na que próximamente saerá unha calculadora
online); e a lactancia materna no ámbito da cooperación humanitaria, na que
cobra importancia o perigo que supón para a saúde infantil a utilización de
fonte de auga contaminada para a preparación de biberóns, así coma o
significado que ten o uso da lactancia artificial como signo de riqueza
(parerecerse o home branco) nalgunhas poboacións empobrecidas.
O venres pola mañá puidemos disfrutar coa segunda mesa
redonda, “Lactancia en recién nacidos prematuros y enfermos”. Nela
falouse sobre a alimentación con leite materna en recén nados pretérmino ou de
baixo peso, no que quedaron reflexadas as diferentes formas de actuar das UCIS
neonatais no tema da alimentación pero que na que quedou demostrada a eficacia
o ter acceso a leite donada; sobre as últimas novas sobre os coidados nai
canguro, na que se falou sobre a resistencia dos profesionais sanitarios e dos
pais/nais ó método, entre outras por considerarse un método para “pobres”, e
unha carga de traballo “extra”; a fototerapia no aloxamento conxunto, como
respecto ós dereitos do neno e os beneficios que aporta ó establecemento do
vínculo entre outros; e a transición do peito do prematuro despois da alta
(presentado por unha IBCLC, ante as dificultades que presentaban ás familias de
bebés prematuros no país que reside, EEUU, no que non se lle facilitaba o
acceso ao peito durante a estancia no hospital).
Na terceira mesa redonda “Temas frontera en lactancia
materna” falouse sobre a importancia que cobra a lactación materna na
maduración do sistema inmune, e na que descubrimos a cervexa sen alcohol ten
unha propiedade antioxidante; coma os lípidos de membrana da leite materna
teñen propiedades bioactivas únicas; e do tracto gastrointestinal coma fonte de
microbios no leite, no que queda demostrado que o ambiente microbiano do feto
ou bebé ten un efecto importante na posterior saúde/enfermidade.
Como remate da mañá presentouse a conferencia “El código
de comercialización de sucedáneos de la lactancia materna en la época de las
nuevas tecnologías”. Nela falouse do peso que teñen a industria das
fórmulas artificiais, e a forma que poderiamos cambiar a imaxe da lactación e
todo ao seu redor, empregando as redes sociais, a forma de presentar os estudios
científicos, chegando a compartir toda a información, e actuando en comercios
do barrio, na escola,...
Durante a tarde convocáronse unhas comunicacións orais (tres
grupos de forma simultánea) e dúas mesas redondas simultáneas (mesas 4 e 5).
Nas comunicacións orais nas que estivo presente a asociación
presentouse a relación entre a duración da lactancia materna e a asistencia a
un grupo de apoio, onde quedou demostrado que as mamás asistentes ó mesmo
mantiveron máis tempo tanto a LME coma a LM, pero que poderían ser casuais, xa
que pode existir predisposición por parte das nais; a evaluación dun protocolo
pel con pel nas cesáreas, no que a reducción da separación é importante; o
programa 'amadriña unha primeriza', no que o apoio, a través da web, doutra nai
experimentada pode axudar a nova nai a superar baches no seu camiño. Coñecemos
un programa específico para nais adolescentes, onde o contacto entre elas pode
mellorar as cifras de lactancia materna; os problemas físicos frecuentes na
lactancia materna, que poden levar a un abandono da mesma, á fatiga e o estrés
parental; e a lactancia e a normalización da libido en primíparas.
Na mesa número catro “Xinecoloxía e obstetricia” os
poñentes falaron acerca do manexo dos abscesos mamarios, das nais lactantes con
ciruxía mamaria, da influencia da anestesia epidural e da cesárea na lactancia.
A última hora presentáronse os traballos premiados e becados
pola IHAN, que foron.
- Estudio sobre a primeira visita dos recén nados en
atención primaria, no que quedou patente a necesidade de non demorar a visita
máis alá da prmeira semán, xa que vai en detrimento da LME e da importancia da
concienciación dos profesionais.
- Administración de calostro por vía orofarínxea a recén
nados prematuros de baixo peso, que se demostra que é unha terapia inmune eficaz
e que aumenta o vínculo nai-fillo
Xa na última xornada, o sábado, convocáronse dúas mesas
redondas (6 e 7) e simultáneamente coa mesa 6 o encontro con grupos de apoio á
lactancia.
A nosa asociación estivo presente na mesa seis, “Abordaje del dolor al amamantar”,
onde abordáronse temas como a actualización en mastite (onde se advirte do
abuso da toma de antibióticos), a relación entre a dor e a depresión postparto
(a soidade é o factor que máis pesa, queda patente a necesidade de tribu) e a anquiloglosia. Un dos poñentes foi o
pediatra creador da web e-lactancia e escritor do libro “Eres la mejor madre
del mundo”, Jose María Paricio; con él puidemos falar un intre, firmounos o
libro e físoxe unha foto connosco.
Na mesa 7 “IHAN”faluse sobre hospitais e centros de
saúde IHAN, a aplicación nas unidades neonatais (Neo-IHAN) e a presencia dun
curso de lactancia para residentes que está tendo moi boa acollida.
A conferencia de clausura “Lactancia materna, colecho y
síndrome de muerte súbita” foi levada a cabo por Melissa Bartick, onde
presentáronse varias publicacións que apoian que o coleito favorece a lactancia
materna, e que os estudos que relacionan morte súbita co coleito teñen erros.
As conclusións foron que hay que incidir máis nos factores de risco coñecidos
para evitar novas mortes e valorar o riesgo/beneficio que supón o destete na
saúde pública.
Durante o Congreso houbo exposición de pósters moderados e
non moderados moi interesantes. Ao final da xornada houbo premios para algunhas
comunicacións orais e pósters moderados,
así como o anuncio do próximo congreso da IHAN, que se celebrará en Santiago de
Compostela, onde agardamos asistir no 2019!!