miércoles, 16 de agosto de 2017

Parte da nosa Andaina na sede de Vigo 2017

Neste ano 2017 tiveron lugar varias charlas, obradoiros e eventos dos que puideron disfrutar tanto as familias socias de Teta e Coliño como as familias amigas da Asociación.

En Maio tivo lugar o Obradoiro de Amigurumi, no que durante 3 sábados, principiantes e non tan principiantes puideron desfrutar coa arte do ganchillo facendo coellos con axóuxere para os seus pequechos.










Este obradorio non só serviu para que as socias anotadas ao obradorio aprenderan a facer bonecos con ganchillo senon que descubriron que mediante o ganchillo se poden tanto descargar tensións acumuladas durante o día (mediante a calceta) coma compartir unha tarde moi agradable con outras nais mentres os pequerrechos xogaban entre eles.

En xullo, por exemplo, desfrutamos da charla: 'Acompañando o destete'. Aquí se intentou informar e resolver tódalas dúbidas sobre esta etapa que pode chegar en calquera momento da crianza.

Como xa sabedes, e comprobamos no obradoiro, a situación de cada familia é un mundo, polo que se vos atopades no proceso de destetar ou se máis adiante vos adentrades nesa nova etapa, lembrarvos que podedes contar con nós para resolver calquera dúbida, realizar asesoría individual e poder crear un plan personalizado. Non dubidedes en escribir ou chamar a calquera das nosas asesoras.

Foi un verdadeiro pracer que se creara un espazo de confianza no que tod@s tivemos a oportunidade de aprender do grupo.

E non nos esquecemos de falarvos do Evento que tivo lugar en Navia (evento V Navia Parque D’Arte xuño 2017)
Fomos convidadas pola Asociación de Veciños NovoVigo de Navia (www.avvnovovigo.org/), que tamén nos ceden os seus espazos para levar a cabo as reunións periódicas e a maioría das nosas actividades en Vigo. Nesta ocasión, a nosa asociación participou cun posto de información no que se puido achegar a nosa asociación tanto aos veciños de Navia coma a todo aquel que se acercou ao lugar nese día.







Grazas a tódalas familias que dun xeito ou doutro participáchedes das actividades (ordinarias ou extraordinarias) que con tanta ilusión esta asociación organiza para vós. Agardámosvos nas seguintes, estade atentas a blogue, redes sociais e telegram!