En
Teta e Coliño celebramos a Semana Mundial da lactancia Materna 2017
"Construíndo
alianzas para PROTEXER a lactancia materna. Polo ben común, sen
conflictos de interese"
Ese
é o lema da Alianza Mundial pola lactación materna (WABA) para
celebrar a SMLM deste 2017 (do 1 ao 7 de agosto do 2017).
Porén non podemos perder de vista que é básico e fundamental tecer esas alianzas pola base, a principiar polo noso entorno máis inmediato. Alianzas entre nós, nais, pais e familias, para conseguirmos entre tod@s sumar esforzos e capacidades na protección, promoción e apoio da lactancia materna.
Dende Teta e Coliño quixemos ser partícipes durante toda esa semana mediante unha serie de xogos, compartidos a través de facebook e twitter con debates e historias compartidas que tiveron moi boa acollida. Aqui deixamos un pequeno resumo;
Día
2: Xogo do 1,2,3 responda outra vez.
Por
1 TETAPUNTO: que che aporta/aportou a ti e ao teu fillo a lactancia
materna...
Encantáronnos
tódalas respostas: unión, felicidade, complicidade, aumento da
autoestima...e sobre todo a que máis se repetiu dito de tódalas
maneiras: AMOR.
Día
3: Debate proposto a raíz dunha enquisa que publicou
unicef nas redes sociais.
¿Quen
debe apoiar a nai para que poda dar o peito?
- A familia
- O goberno
- No traballo
- Tódalas respostas anteriores
- A familia
- O goberno
- No traballo
- Tódalas respostas anteriores
Case
tódalas respostas foron unánimes: tódalas respostas pero empezando
desde o apoio máis inmediato, a familia e amigos.
Día
4: Debate en base ao Código internacional de
comercialización de sucedáneos do leite materno.
O
Código é un conxunto de recomendacións dirixidas a regular a
comercialización dos sucedáneos do leite materno, biberóns e
tetinas. Pretende frear a comercialización agresiva e indebida
destes sustitutos.
En
base a isto: ¿Sabíades que as típicas canastiñas que ofrecen
durante o embarazo incumprirían o código?
¿Qué influencia credes que pode ter este tipo de agasallos no establecemento da lactancia?
¿Qué influencia credes que pode ter este tipo de agasallos no establecemento da lactancia?
Grazas
polas vosas respostas as cales coincidiron en que todavía falta
moita información respecto a lactancia desgraciadamente.
Día
5: Comparte a túa historia: Posturas para Aleitar.
¿Quen
non disfrutou/"sufriu" nos seus inicios na lactancia? ¿Cal
era ou é a vosa postura favorita?
Tivestes momentos de choros, risas ou ámbalas dúas cousas durante o aleitamento?
Tivestes momentos de choros, risas ou ámbalas dúas cousas durante o aleitamento?
Grazas
por compartir eses momentos íntimos da vosa lactancia.
Día
6: Xogo Trivial encadeado.
Escríbe
unha afirmación referente á lactancia materna e responder se é
verdadeira ou falsa e explicalo.A persoa que respondía debía poñer unha nova afirmación para poder seguir o xogo encadeando, de este modo, moitas respostas.
Sodes
unha fonte de coñecementos deste tema, sen dúbida.
Pois a gañadora do broche quixo compartir con nós canto lle gustou a súa peque de 4 anos o regalo e compartiu con todas nos a súa foto.
Encántanos
como lle queda, ¿e a vós?
Do mesmo modo tamén compartimos os obxectivos establecidos por esta organización (IBFAN: Red Internacional de Grupos de Acción pro Alimentación Infantil):
-
Unificar o apoio do gobernos e distintos sectores da sociedade para
PROTEXER, PROMOVER E APOIAR a lactancia materna.
-
Construír alianzas sen conflitos de interese para fortalecer as
políticas e programas de lactancia materna e alimentación infantil.
-
Mobilizar e desenvolver accións para a protección, promoción e
apoio da lactancia materna e de prácticas apropiadas da alimentación
infantil.
E
só se poden acadar, fortalecendo a implementación de políticas e
programas de promoción da lactancia materna e financiándoos
adecuadamente. Así como, actuando tanto a nivel dos sistemas
nacionais de saúde como das comunidades e familias, cumprindo as
leis e normas de protección da maternidade e esixindo que as
corporacións de alimentos infantís cumpran coas súas
responsabilidades.
O
que é certo e que todo isto só o conseguiremos se o apoio comeza
dende nós, xa non só por nós mesma senon polas nosas crianzas e as
xeracions vindeiras. Polo que, toca dar un paso ao fronte e defender
o que é noso.Dentro duns días (do 1 ao 8 de Outubro) terá lugar a semana Europea da Lactancia Materna e a Crianza en Brazos, estade atentos o mail e as redes sociais que haberá algunha sorpresiña.