Mostrando entradas con la etiqueta Semana Mundial da Lactancia Materna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana Mundial da Lactancia Materna. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de octubre de 2012

Semana Mundial da Lactancia Materna 2012 (fotos)

Aquí vos deixamos as fotos deste divertido encontro da tribu Teta e Coliño, celebrando a Semana da Lactancia Materna ó aire libre. Unha fermosa tarde de outubro, chea de luz, música, color... e moita teta para os nosos peques! 

Reencontros e presentacións

Tanto os recén chegados como os máis veteráns celebraron con alegría a SMLM

TETADA COLECTIVA

Todos atentos... a música vai comezar!!
  
Pequenos e grandes percusionistas en acción


Gracias a todas as familias que se achegaron a compartir esta xornada! e un agradecemento especial a Marco, o papá músico que se prestou para o obradoiro de percusión.
Un abrazo a todos e todas, vémonos!!!

jueves, 27 de septiembre de 2012

Semana Mundial da Lactancia Materna

Como cada ano por estas datas, xa está aquí a Semana Mundial da Lactancia Materna, do 1 ó 7 de outubro. Nesta ocasión, Teta e Coliño celebrará o evento coas seguintes actividades:

-REUNIÓN DE FAMILIAS Ó AIRE LIBRE

-TETADA COLECTIVA

-OBRADOIRO INFANTIL DE RITMO E PERCUSIÓN

-FOTOGRAFÍAS DE LACTANCIA PARA O CALENDARIO 2013

O encontro terá lugar o xoves 4 de outubro, no parque da rúa Arrucheiro (Bertamiráns), a partir das 17:30 h.

Se o tempo non acompaña, atoparémonos no noso local habitual en Bertamiráns, a sala de usos múltiples da Casa de Cultura.

FELIZ SEMANA DA LACTANCIA MATERNA!!


martes, 18 de octubre de 2011

Crónica do 1 de Outubro, FESTA DA SMLM 2011

O pasado sábado 1 de outubro tivo lugar a CELEBRACIÓN DA SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA 2011, organizada por Teta e Coliño no Auditorio de Milladoiro.

Era a primeira celebración deste día por parte da nosa Asociación, que xusto ese día cumpría os seus 7 meses de vida. Aquí tedes un pequeño resume deste día tan especial:

A xornada comezou coa exposición das fotos participantes no I Concurso de Fotografía sobre Lactancia Materna.



Presentación dos actos e lectura do manifesto da Semana da Lactancia Materna, por Noelia Prieto, presidenta de Teta e Coliño.
 
De esquerda a dereita: Paula Martínez, Noelia Prieto, Silvia Penedo e Diana Luque

Conferencia sobre a importancia do apego na crianza. A poñente foi Paula Martínez, Terapeuta familiar en CAFI. Paula mostrounos en que consiste o apego, como se chegou á comprobación científica do seu importante papel no desenvolvemento e como inflúen as hormonas no instinto maternal. Todo isto sen esquecer o papel da lactancia materna, creadora de benestar e de vínculo emocional co bebé.


A continuación, conferencia sobre Arte e Lactancia Materna, por Noelia Prieto. Un percorrido dende as venus prehistóricas, a lactancia nas catacumbas e o antigo Exipto, as virxes do leite de todos os tempos… ata chegar ós cadros costumbristas da idade contemporánea e as variopintas referencias artísticas da nosa época actual. Unha escolla de obras cheas de anécdotas nas que quedaron de manifesto a crenzas e costumes sociais, relixiosos e ideolóxicos de cada sociedade acerca da lactancia materna. 


Ó rematar tivo lugar un visionado de todas as fotos participantes no Concurso de Fotografía, e a entrega de premios.


Terceiro premio

Que rico...!!

Gañadora: Sonia Pernas. Lote de produtos ecolóxicos de alimentación infantil, cortesía de Gaia dos Nenos  http://www.gaiadosnenos.com/



 Segundo premio

Amor en Compostela II

 Gañadora: Verónica Armesto. Bono para unha sesión de Beleza e Benestar.


 Primeiro premio

La teta es enseñar

Gañadora: Cristina Villarino. Lenzo 60x80 cm coa foto gañadora, cortesía de Ultreia Publicidade; e un bono de Spa-circuítos de auga para 2 persoas.

 
Por último tivo lugar un sorteo doutro lote de produtos ecolóxicos de Gaia dos Nenos.

Rematamos esta crónica coa foto dos dous lactantes máis expertos do auditorio, que sentaron na primeira fila e estiveron moi atentos a todo o que alí se falaba (sería por se nos tiñan que corrixir algunha cousa?).



Gracias a todas e a todos por compartir con nós esta fermosa xornada... e xa sabedes, para o 2012 máis!!!!