Mostrando entradas con la etiqueta leite materno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta leite materno. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de mayo de 2012

Extracción e conservación de leite materno

Este xoves 24 de maio terá lugar o noso obradoiro "EXTRACCIÓN, CONSERVACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE LEITE MATERNO".

Falaremos sobre:

-Como favorecer a extracción do leite
-Tipos de extracción: a man e con sacaleites
-Que ter en conta á hora de elixir un sacaleites
-A incorporación ó traballo e a continuidade da lactancia
-A suplementación con leite materno extraído
-Conservación do leite: transporte, envases e tempos de almacenamento
-Administración: como desconxelar e quentar o leite
-Biberón e outros métodos alternativos


VÉN COMPARTIR AS TÚAS DÚBIDAS E EXPERIENCIAS CONNOSCO!

Casa de Cultura de Bertamiráns, a partir das 18:00 h.



martes, 5 de abril de 2011

Obradoiro EXTRACCIÓN DE LEITE

Martes 12 de abril, ás 16 h: 

EXTRACCIÓN, CONSERVACIÓN E MANIPULACIÓN DO LEITE MATERNO. 

Falaremos sobre:

-Conciliación entre traballo e lactancia

-Técnicas de extracción: manual ou mecánica (sacaleites manual e eléctrico).

-Condicións para a extracción: hixiene, momentos idóneos, frecuencia e trucos para facilitala.

-Almacenamento: tipos de recipientes.

-Conservación: condicións e tempos (a temperatura ambiente, na neveira e no conxelador).

-Manipulación: temperatura adecuada para o bebé e formas de administración (relactador, finger-feeding, biberón, Kassing, biberón-cuchara, vasiño).