jueves, 14 de abril de 2011

Obradoiro Extracción e Conservación de leite

Gracias a todas as mamás e futuras mamás que vos achegastes ó taller de "EXTRACCIÓN E CONSERVACIÓN DE LEITE", esperamos que vos resultase ameno, e sobre todo útil. Pola nosa parte estamos moi contentas pola alta participación e polo voso interés.


25 MAMÁS ACUDIRON Ó NOSO TALLER
Como xa vos comentamos, gracias á matrona e a máis dunha xenerosa mamá temos a posibilidade de préstamo de sacaleites (manual ou eléctrico), mostras de bolsas de conxelación, biberón-cuchara, biberón kassing e algunhas cousiñas máis. Tamén vos podemos facilitar o archivo co que fixemos a presentación, referencia de libros, fotocopias etc.

E para calquera consulta, xa sabedes onde estamos!

martes, 5 de abril de 2011

Obradoiro EXTRACCIÓN DE LEITE

Martes 12 de abril, ás 16 h: 

EXTRACCIÓN, CONSERVACIÓN E MANIPULACIÓN DO LEITE MATERNO. 

Falaremos sobre:

-Conciliación entre traballo e lactancia

-Técnicas de extracción: manual ou mecánica (sacaleites manual e eléctrico).

-Condicións para a extracción: hixiene, momentos idóneos, frecuencia e trucos para facilitala.

-Almacenamento: tipos de recipientes.

-Conservación: condicións e tempos (a temperatura ambiente, na neveira e no conxelador).

-Manipulación: temperatura adecuada para o bebé e formas de administración (relactador, finger-feeding, biberón, Kassing, biberón-cuchara, vasiño).

domingo, 3 de abril de 2011

Moitas familias na nosa inauguración

Preto de 50 familias asistiron no Milladoiro á presentación de "Teta e Coliño", o grupo de lactancia de Ames

Non foron os que máis atentos estiveron ás explicacións, pero si foron os verdadeiros protagonistas do acto. Preto de 50 bebés, acompañados dos seus papás e das súas mamás, acudiron o sábado pola tarde, na Casa da Cultura do Milladoiro, á presentación de "Teta e Coliño", o novo grupo de lactancia de Ames. http://www.concellodeames.org/

viernes, 1 de abril de 2011

ENTREVISTA A TETA E COLIÑO

Este martes, a radio achegouse á nosa reunión semanal para coñecer in situ a TETA E COLIÑO.

Aquí vos deixo un resumen desa entrevista, publicado hoxe venres na páxina do CONCELLO DE AMES

www.concellodeames.org