sábado, 4 de octubre de 2014

Inauguración grupo de porteo (fotos)

Hoxe celebramos a nosa primeira reunión do grupo de porteo de Compostela, con gran éxito de asistencia. 
Os/as asistentes tiveron a oportunidade de contactar -ou reencontrarse- cou outras familias porteadoras da zona e compartir dúbidas e experiencias. Recibiron axuda práctica no uso dos seus propios portabebés, e tamén puideron probar outros diferentes (en especial fulares e bandoleiras).

Gracias a todas e todos!! en especial ás mamás que compartiron durante o evento os seus portabebés e a súa experiencia. 

Se che interesa unirte para a próxima vez, apunta a cita: verémonos de novo o sábado 8 de novembro.

Algunhas fotos:





Practicando o axuste do nudo canguro á espalda

Papá porteando con capulana




sábado, 20 de septiembre de 2014

Inauguración do grupo de porteo

Hoxe tráemosvos outra novidade que nos enche de ilusión: en breve daremos comezo ás nosas reunións do GRUPO DE PORTEO. 

Se estás interesada en aprender a portear ó teu bebé de maneira cómoda e segura, ou se xa porteas e queres seguir aprendendo e compartindo experiencias con outras familias, toma nota!!!


  • Reunións abertas e gratuítas
  • Primeiro sábado de cada mes, 11:00h - 13:30h
  • Centro Sociocultural de Conxo (Santiago de Compostela, A Coruña) 


INAUGURACIÓN 4 DE OUTUBRO 2014!!!!

Esperámosvos!!


viernes, 5 de septiembre de 2014

Nova sede Teta e Coliño en Vigo

Temos a alegría de compartir que actualmente Teta e Coliño se atopa en proceso de formación dun novo grupo de apoio na cidade de Vigo. Se todo vai sobre o previsto, botará a andar este mesmo outono.

Se estás interesada en participar, mantente atenta ó noso blog e facebook, iremos publicando as novidades!! Tamén podes escribirnos ó correo tetaecolinho@gmail.com e te manteremos informada.

SEGUIMOS MEDRANDO XUNTAS!!

martes, 2 de septiembre de 2014

CURSO ONLINE DE ASESORÍA EN LACTANCIA 2014-15

La Asociación Teta e Coliño ha abierto la convocatoria de plazas para su V Curso online de Asesoría en lactancia. Las personas interesadas pueden informarse en http://asesorialactancia.blogspot.com.es/ 

Más información e inscripciones en el correo asesorialactancia@hotmail.com

PLAZAS LIMITADAS

martes, 1 de julio de 2014

TROCO E REUNIÓN DE VERÁN 2014

SÁBADO 5 DE XULLO 2014

Asociación de Veciños de Francos (Calo-Teo)

Teta e Coliño celebra a súa tradicional reunión de verán, nesta ocasión coincidindo coa exposición do Banco de troco. 
Se todavía non coñeces o banco ou queres ver o fondo actual, podes visitalo aquí: BANCO DE TROCO 

Se necesitas asesoría sobre lactancia materna, ou simplemente che apetece pasar un bo rato conversando sobre lactancia e crianza, achégate e aproveita!!

 Estaremos alí desde as 12 da mañá. Despois comeremos tipo picnic (segundo a meteoroloxía, será na zona de céspede ó lado do parque, ou ben habilitaremos un espazo dentro do local). Pola tarde continuaremos coa reunión.

Aviso 1. Imos necesitar voluntarias para a colocación e recollida da roupiña. Se podes colaborar en algo, avísanos! Gracias!!  
Aviso 2. Para socias, se algunha quere recoller o voso diploma de lactancia ou ben levar en préstamo algún libro, avisade con antelación e volo levamos.

Asistencia libre e gratuíta. Nenas e nenos son moi benvidos.

 COMO CHEGAR:

Desde Santiago
N-550 dirección Padrón
A uns 7 km desde Santiago, veremos o restaurante San Martiño (está á dereita)
Pasamos o restaurante, e xa atopamos o cruce para Faramello e Lampai
Saímos nese cruce á dereita e seguimos a carretera
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San Martiño”
O local está ó lado da capela.

Desde Padrón
N-550 dirección Santiago
Pasamos Picaraña. Onde remata o dobre carril de vehículos lentos, saímos á dereita (dirección Faramello, Lampai), para así cruzar ó lado esquerdo da Nacional
Imos dar a unha carretera comarcal, continuamos por ela.
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San Martiño”
O local está ó lado da capela.

Se te perdes, chámanos e tentaremos guiarte! teléfono 651111489