miércoles, 2 de agosto de 2017

Un ano máis compartindo inquedanzas. Resumo actividades sede A Coruña 2017

Foi este un ano intenso, cheo de encontros, charlas e actividades. Dende aqui agradecer a todas as socias, voluntarias, familias amigas, mamás e crianzas que nos acompañan reunión tras reunión e que fan que todo isto teña sentido.
Aqui queda mostra do camiñado neste fermoso ano no que, con apoio mutuo e un sorriso, todo foi posible.

En setembro comenzose o curso cun OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN AUTORREGULADA POLO BEBÉ, eran moitas as familias que lles comezaba a soar esas iniciais (BLW) e querían coñecer e compartir. 
Saber cando e como se deben comezar a ofrecer alimentos. Comprender a importancia da
autorregulación. Resolver dúbidas sobre a compatibilidade entre lactancia materna, alimentación
complementaria e reincorporación ó traballo. Distinguir os erros frecuentes e saber como evitalos.
Desbotar mitos. Tomar conciencia da necesidade de transmitir unha visión positiva sobre a comida.
Aprender a maneira de levar á práctica o Baby Led Weaning e revisar os modelos en como lle ofrecemos os alimentos os nosos peques. Foi impartido por Noemí Uzal, asesora de lactancia e voluntaria na nosa asociación.
Dado a demanda esta charla repetiuse tamén en novembro e en xullo do 2017.

En outubro realizouse unha  CHARLA INFORMATIVA LACTANCIA MATERNA, actividade realizada dentro la semana europea da lactancia materna. Proporcionar información acerca das actividades da asociación, así como do lema deste ano, que é “Lactancia materna:clave para el desarrollo sostenible”

Tamén neste mes puidemos contar coa presentación do libro de  Sylvie Riesco “LA MAGIA DE LA LECHE. HISTORIAS DE AMOR CON MUCHO SABOR” Libro presentado pola propia autora que é mamá e asesora de lactancia.

En outubro continuamos cunha CHARLA PARTO RESPECTADO Na que puidemos achegarnos a comprender o parto como proceso fisiolóxico. Adquirir a existencia de recursos para un parto respectado: Estratexia de Atención ó parto normal, presentación do Plan de Parto. Achegarse á situación actual do parto en Galicia: maternidades dos hospitais, Hospital IHAN, parto domiciliario. Foi presentada pola matrona Silvia Álvaro.

En xaneiro ampliamos coñecementos cunha CHARLA DE COIDADOS BUCODENTAIS NOS NOSOS NENOS  na que se aclararou a relación entre lactancia materna e as caries. Valorar a importancia que ten os bos
hábitos hixiénicos. Saber cando acudir o odontólogo. Actualización según os últimos estudos científicos. Foi a odontóloga Patricia Aneiros quen nos transmitiu un montón de cousas.

Moitas veces escoitamos falar de OSTEOPATÍA PEDIÁTRICA sen saber moi ben a que se refire en xaneiro tivemos o pracer de contar con Silvia Cerdeiras, fisioterapeuta e osteópata na que nos informou sobre as distintas patoloxías dos bebés susceptibles de tratamento osteopático.

Grazas a Tania Iglesias, asesora de porteo e de lactancia, asdemáis de voluntaria na asociación informou as familias sobre  o PORTEO EN VERÁNAclararando que é o porteo ergonómico. Tipos de portabebés e elección dos máis axeitados segundo a idade do bebé e de cara ó verán. Probar e colocar de forma axeitada ó bebé no portabebés. Puidose compartir valiosa información e probar os distintos portabebés que a asociación posee en préstamo.

En xuño tivemos un fermoso TALLER CREATIVO E CONTACONTOS “LA ORUGA GLOTONA” levado a cabo por Ana Guinguel, ilustradora. No que aprendemos a traballar con arxila moldeable, facendo nesta ocasión a oruga e a mariposa do conto, ademáis de colorear outros elementos presentes no relato (actividade para adultos, mentres os seus cativos xogaban con area e plastilina comestibles). Unha bonita actividade en famila na que coñecimos o conto a través do feito no obradoiro.
E chegada a calorciña realizáronse  REUNIÓNS Ó AIRE LIBRE no que se trataron temas de lactancia, porteo e crianza nun entorno máis natural e relaxado.



viernes, 28 de julio de 2017

Taller BLW na Coruña. Xullo 2017


A alimentación autorregulada polo bebé (baby led weaning)é a forma máis natural en que os bebés poden comezar a alimentación complementaria, xa que o seu obxectivo é que os nenos aprendan a comer sólidos disfrutando deles, tal e como o fai o resto da súa familia. 
Parece que nos últimos anos aumenta o interese por este tema, aínda que as recomendacións en canto a nutrición infantil son moitas veces anticuadas e carecen de consenso entre os expertos.


O pasado sábado 29 de xullo organizouse unha charla impartida por mamás voluntarias de Teta e Coliño, na que asistiron unhas 12 familias socias cos seus pequenos.
Primeiro de todo falouse sobre temas xerais da alimentación complementaria, e despois xa se centrou no tema principal. Comentáronse varias cousas, coma, por exemplo, formas de presentar os alimentos, alerxias, compatibilidade coa lactancia artificial, diferenzas entre arcada e atragantamento, ... 
Para rematar a actividade as asistentes puxémonos en círculo e comentamos dúbidas específicas, e as nais voluntarias contaron a súa experiencia coa aplicación do BLW.
Para completar o obradoiro recomendáronse a lectura dunha serie de libros que amplían a información grazas a recoñecidos expertos na materia que se basan en estudos científicos:
 “Aprender a comer solo”, Lidia Folgar
- “El niño ya come solo”, Gill Rapley.
- “Mi niño no me come”, Carlos González
- “Baby – Led weaning: 70 recetas para que tu hijo coma solo”, Begoña Prats.
- “Se me hace bola” , Julio Basulto.
- “Mamá come sano”, Julio Basulto.

Lembrar que temos a nosa Biblioteta algúns destes libros para préstamo exclusivo para SOCIAS con dúas semanas de duración.

Outra información de interese:
- Web Lidia Folgar: https://www.lidiafolgar.es/blog/
- Conferencia youtube Carlos González "Alimentación infantil libre de papillas"
- Charla youtube Carlos González, "La alimentación de tu bebé,consejos y recomendaciones"

Agardamos que fose de proveito para as familias presentes e que pronto teñamos novas de cómo foi evolucionando a relación dos vosos meniños coa comida. 
Grazas pola vosa asistencia.

martes, 27 de junio de 2017

Obradoiro Creativo e Contacontos "LA ORUGA GLOTONA" na Coruña



O pasado venres 9 de xuño, na sede Coruñesa de TeC, tivemos un obradoiro un tanto "diferente". Ana, mamá voluntaria da asociación e ilustradora, ensinounos ás familias alí presentes como facer a eiruga e a bolboreta deste conto de Eric Carle, "La oruga glotona". Usamos materiais coma arxila manipulable de cores, lá,... e con eles creamos estas personaxes. Mentres tanto os nosos cativos disfrutaron xogando coa area e a plastilina caseira, ambas non tóxicas e naturais.
Ao rematar o obradoiro, Ana, coa colaboración dunha axudante moi especial, Ada, contáronnos o conto, que tanto desfrutamos maiores e pequenas.
E que mellor forma para que vexades canto traballamos, e o ben que o pasamos, que a través dunhas imaxes...











lunes, 24 de abril de 2017

IX Congreso de Lactancia Materna IHAN


Teta e Coliño puido estar representada por unha voluntaria no IX Congreso de Lactancia Materna, celebrado na cidade de Zaragoza do 23 ao 25 de marzo, onde asistiron tamén outros representantes de grupos de apoio e persoas interesadas neste tema.

Durante a xornada puidemos ver dentro do auditorio os stands expostos (con escasa  participación das casas comerciais neste evento), que citamos a continuación:
                                       
- IHAN: organizador do evento, que proporcionou información sobre os pasos para unha lactancia feliz, o decálogo da lactancia materna e a guía para nais que amamantan.
- Vía láctea: grupo de promoción, protección e apoio á lactancia materna.
- Lactaria (asociación aragonesa de apoio á lactancia materna).
- IBLCE (xunta internacional de examinadores de consultores de lactancia).
- ARAPREM (asociación de prematuros de Aragón-https://araprem.org/araprem/) .Con esta asociación foi coa que tivemos máis contacto. Achegámonos porque nos chamou a atención certas cousiñas que vendían, como unhas “mans amigas” e o “paquete benvida”(http://misionestelar.blogspot.com.es/). Alí Bea, a presidenta da asociación, presentouse e falounos do que facían e da súa motivación (e a das demáis familias) para levar este gran proxecto adiante. Moita sorte compañeiras!!




Antes de dar comezo oficialmente o Congreso, celebráronse uns obradoiros simultáneos, en dous dos cales Teta e Coliño estivo presente.
O primeiro levaba por título “Disfunciones orofaciales. Valoración y rehabilitación de la succión”, no que a logopeda Mayse Romea falou sobre trastornos deglutorios nos bebés/nenos, así como sobre a necesidade da detección e rehabilitación temprana para evitar o maior número de consecuencias nesa e noutras etapas da vida dese rapaz.
O segundo obradoiro foi a cargo de Celia Navarro, e titulábase “Lactancia, pareja y sexualidad”. Nel falouse sobre o diferente que somos os homes e as mulleres, a necesidade da comunicación coa parella, os cambios que se dan nestes cando son pais, os factores que máis inflúen na sexualidade postparto,...  todo nun ambiente distendido e, sobretodo, moi ameno.

O Congreso comezou co acto inagural a cargo de Nathalie Charpak “Cuidado de madre canguro: 30 años de experiencia”, no que deu moita importancia á pel con pel, empoderando á familia do neonato e como elemento clave durante a estancia hospitalaria, seguindo os coidados posteriormente no domicilio. Tamén fixo referencia a unhas guías para a estandarización e a utilización adecuada dos coidados nai canguro, que sairán publicadas próximamente.

A primeira mesa redonda levaba por nome “Políticas y estrategias”. Nela falaron catro poñentes, que espuxeron os seus traballos: o EcoLa, que é unha ferramenta para validar o coñecemento dos pediatras sobre lactancia materna; unha guía de boas prácticas clínicas sobre lactancia materna do SNS (xa dispoñible no seguinte enlace: http://www.ogasun.ejgv.euskadi.eus/r51-catpub/es/k75aWebPublicacionesWar/k75aObtenerPublicacionDigitalServlet?R01HNoPortal=true&N_LIBR=051983&N_EDIC=0001&C_IDIOM=es&FORMATO=.pdf), e unha guía para mulleres, parellas e familiares (como parte da outra guía, dispoñible en http://www.guiasalud.es/GPC/GPC_560_Lactancia_Osteba_paciente.pdf); o aforro que tería para a saúde da nai e do fillo e no sistema de saúde lograr unhas cifras e lactancia óptimas (na que próximamente saerá unha calculadora online); e a lactancia materna no ámbito da cooperación humanitaria, na que cobra importancia o perigo que supón para a saúde infantil a utilización de fonte de auga contaminada para a preparación de biberóns, así coma o significado que ten o uso da lactancia artificial como signo de riqueza (parerecerse o home branco) nalgunhas poboacións empobrecidas.






O venres pola mañá puidemos disfrutar coa segunda mesa redonda, “Lactancia en recién nacidos prematuros y enfermos”. Nela falouse sobre a alimentación con leite materna en recén nados pretérmino ou de baixo peso, no que quedaron reflexadas as diferentes formas de actuar das UCIS neonatais no tema da alimentación pero que na que quedou demostrada a eficacia o ter acceso a leite donada; sobre as últimas novas sobre os coidados nai canguro, na que se falou sobre a resistencia dos profesionais sanitarios e dos pais/nais ó método, entre outras por considerarse un método para “pobres”, e unha carga de traballo “extra”; a fototerapia no aloxamento conxunto, como respecto ós dereitos do neno e os beneficios que aporta ó establecemento do vínculo entre outros; e a transición do peito do prematuro despois da alta (presentado por unha IBCLC, ante as dificultades que presentaban ás familias de bebés prematuros no país que reside, EEUU, no que non se lle facilitaba o acceso ao peito durante a estancia no hospital).

Na terceira mesa redonda “Temas frontera en lactancia materna” falouse sobre a importancia que cobra a lactación materna na maduración do sistema inmune, e na que descubrimos a cervexa sen alcohol ten unha propiedade antioxidante; coma os lípidos de membrana da leite materna teñen propiedades bioactivas únicas; e do tracto gastrointestinal coma fonte de microbios no leite, no que queda demostrado que o ambiente microbiano do feto ou bebé ten un efecto importante na posterior saúde/enfermidade.

Como remate da mañá presentouse a conferencia “El código de comercialización de sucedáneos de la lactancia materna en la época de las nuevas tecnologías”. Nela falouse do peso que teñen a industria das fórmulas artificiais, e a forma que poderiamos cambiar a imaxe da lactación e todo ao seu redor, empregando as redes sociais, a forma de presentar os estudios científicos, chegando a compartir toda a información, e actuando en comercios do barrio, na escola,...

Durante a tarde convocáronse unhas comunicacións orais (tres grupos de forma simultánea) e dúas mesas redondas simultáneas (mesas 4 e 5).
Nas comunicacións orais nas que estivo presente a asociación presentouse a relación entre a duración da lactancia materna e a asistencia a un grupo de apoio, onde quedou demostrado que as mamás asistentes ó mesmo mantiveron máis tempo tanto a LME coma a LM, pero que poderían ser casuais, xa que pode existir predisposición por parte das nais; a evaluación dun protocolo pel con pel nas cesáreas, no que a reducción da separación é importante; o programa 'amadriña unha primeriza', no que o apoio, a través da web, doutra nai experimentada pode axudar a nova nai a superar baches no seu camiño. Coñecemos un programa específico para nais adolescentes, onde o contacto entre elas pode mellorar as cifras de lactancia materna; os problemas físicos frecuentes na lactancia materna, que poden levar a un abandono da mesma, á fatiga e o estrés parental; e a lactancia e a normalización da libido en primíparas.

Na mesa número catro “Xinecoloxía e obstetricia” os poñentes falaron acerca do manexo dos abscesos mamarios, das nais lactantes con ciruxía mamaria, da influencia da anestesia epidural e da cesárea na lactancia.

A última hora presentáronse os traballos premiados e becados pola IHAN, que foron.
- Estudio sobre a primeira visita dos recén nados en atención primaria, no que quedou patente a necesidade de non demorar a visita máis alá da prmeira semán, xa que vai en detrimento da LME e da importancia da concienciación dos profesionais.
- Administración de calostro por vía orofarínxea a recén nados prematuros de baixo peso, que se demostra que é unha terapia inmune eficaz e que aumenta o vínculo nai-fillo
  
Xa na última xornada, o sábado, convocáronse dúas mesas redondas (6 e 7) e simultáneamente coa mesa 6 o encontro con grupos de apoio á lactancia.
A nosa asociación estivo presente na mesa seis, “Abordaje del dolor al amamantar”, onde abordáronse temas como a actualización en mastite (onde se advirte do abuso da toma de antibióticos), a relación entre a dor e a depresión postparto (a soidade é o factor que máis pesa, queda patente a necesidade de tribu)  e a anquiloglosia. Un dos poñentes foi o pediatra creador da web e-lactancia e escritor do libro “Eres la mejor madre del mundo”, Jose María Paricio; con él puidemos falar un intre, firmounos o libro e físoxe unha foto connosco.

Na mesa 7 “IHAN”faluse sobre hospitais e centros de saúde IHAN, a aplicación nas unidades neonatais (Neo-IHAN) e a presencia dun curso de lactancia para residentes que está tendo moi boa acollida.

A conferencia de clausura “Lactancia materna, colecho y síndrome de muerte súbita” foi levada a cabo por Melissa Bartick, onde presentáronse varias publicacións que apoian que o coleito favorece a lactancia materna, e que os estudos que relacionan morte súbita co coleito teñen erros. As conclusións foron que hay que incidir máis nos factores de risco coñecidos para evitar novas mortes e valorar o riesgo/beneficio que supón o destete na saúde pública.


Durante o Congreso houbo exposición de pósters moderados e non moderados moi interesantes. Ao final da xornada houbo premios para algunhas comunicacións orais e  pósters moderados, así como o anuncio do próximo congreso da IHAN, que se celebrará en Santiago de Compostela, onde agardamos asistir no 2019!!


sábado, 1 de abril de 2017

Obradoiros do mes de abril



Este mes de abril contamos con dúas charlas que vos poden interesar, na sede de Vigo. Vos deixamos cos detalles:




Ademáis das actividades habituais teremos : “Nutrición terapéutica e patolóxica”, enfocado ao adulto. Sábado, 08/04/17, ás 17:30h. No local da Asociación de veciños Novo Vigo (Rúa Teixugueiras, nº 11, portal 6, oficina 9B (Navia, detrás de CC.OO. https://goo.gl/maps/dnWQcJADoGs ).

Impartida por Florinda Pérez González, fisioterapeuta especializada en fisioxenómica. Os puntos principais da mesma serían:

-O proceso dixestivo.
- Nutrición e patoloxía: pirámide alimenticia actual. Alimentos desaconsellados. Dieta sana recomendada.
- Relación dos nosos hábitos coa aparición de patoloxía (dor recurrente, lesións que non recuperan, etc.)
- Exemplos de menús e recomendacións.


Día: Sábado 08/04
Hora: 17:30
Lugar: AVV. Novo Vigo (Navia)

Actividade exclusiva para socias de Teta e Coliño ou da AVV. Novo Vigo de Navia
Formulario de inscrición: https://goo.gl/forms/s1qpaXGgYv26UDum2




H




A outra actividade en Vigo será a charla: “Uns ollos para descubriren o mundo”. Sábado, 22/04/17, ás 17:30h. No local da Asociación de veciños Novo Vigo (Rúa Teixugueiras, nº 11, portal 6, oficina 9B (Navia, detrás de CC.OO. https://goo.gl/maps/dnWQcJADoGs ).

Impartida por Patricia Lage Gamallo, optometrista. Os contidos serían:

1. Conceptos:
  a- Optometría, agudeza visual e diotrías
  b- Visión e exame visual.

2. Revisións, cando e como:
  a- miopía, hipermetropía e astigmatismo
  b- ollo vago, estrabismo,...
  c- conxuntivite, alerxias…

3. Prevención:
  a- desenvolvemento psicomotriz e alimentación (en bebés)
  b- ergonomía visual, iluminación e exercicio físico (en pre-   lectores) / Xogos, TV, Lectura, Ordenador
  d- Alimentación, sol e aire (para todos)


Día: Sábado 22/04
Hora: 17:30
Lugar: AVV. Novo Vigo (Navia)

Actividade exclusiva para socias de Teta e Coliño ou da AVV. Novo Vigo de Navia.
Formulario de inscrición: https://goo.gl/forms/s1qpaXGgYv26UDum2



Anota as datas e corre a apuntarte!