O vindeiro luns 14 de maio a partir das 12:00 h, Teta e Coliño ofrecerá unha charla para embarazadas no Centro Sociocultural do Milladoiro.
Estará especialmente dirixida a embarazadas, pero como sempre pode acudir calquera persoa interesada en aprender sobre lactancia. Falaremos sobre:
-Teta e Coliño. Que é un grupo de apoio á lactancia, contacto, horarios e servizos que ofrecemos.
-O proxecto de Madriñas de Lactancia para embarazadas
-Coloquio sobre temas de interese: parto e lactancia. Primeiros momentos. O calostro e a subida do leite. Dúbidas frecuentes.
lunes, 30 de abril de 2012
sábado, 31 de marzo de 2012
Así foi o noso aniversario: fotos
MERENDOLA DE MILLADOIRO
MERENDOLA DE BERTAMIRÁNS
CHARLA DE PORTEO
CHARLA SOBRE O APOIO Á LACTANCIA
e SORPRESA!!
Agasallo dun álbum con fotos e dedicatorias
das mamás de TETA E COLIÑO
a Noelia Prieto,
fundadora da Asociación
GRACIAS A TODAS E TODOS
OS QUE PARTICIPASTES DO NOSO
PRIMEIRO ANIVERSARIO!!!!
IMOS A POR OUTRO ANIÑO MÁIS!!!
sábado, 3 de marzo de 2012
Aniversario de Teta e Coliño
Este mes de marzo 2012, Teta e Coliño celebramos...
o noso PRIMEIRO ANIVERSARIO!!!
Este ano xuntos poderíase definir como "intenso e vertixinoso". Dende o noso mesmo nacemento estivo felizmente cheo de consultas, xuntanzas e moitas actividades!
Sen dúbida, o máis emocionante foi ir vendo medrar a tantos bebés durante todos estes meses; e saber que, dalgunha maneira, puxemos o noso granciño de area para moitas desas exitosas lactancias maternas. Noraboa, mamis e peques!!
Tamén foi un gran motivo de alegría abrir a nosa segunda sede, e que as reunións resultasen tan concurridas como as da primeira. Gracias por facelo posible!!
Por suposto, non poderiamos celebrar unha data tan especial doutro xeito que cun feixe de propostas para este mes de marzo, que esperamos que vos resulten interesantes e divertidas. Unha aperta moi forte para todas, e vémonos nas charlas e merendolas!
MARTES 6 de marzo
-REUNIÓN MERENDOLA
Casa de Cultura do Milladoiro, ás 16:30 h
MARTES 13 de marzo
-OBRADOIRO DE PORTEO. A cargo de Susana Cenalmor, mamá experta en portabebés.
Casa de Cultura do Milladoiro, ás 16:30
XOVES 15 de marzo
-REUNIÓN MERENDOLA
Casa de Cultura de Bertamiráns, ás 18:00 h
VENRES 16 de marzo
-CHARLA SOBRE OS GRUPOS DE APOIO Á LACTANCIA MATERNA
-PROXECCIÓN DO VÍDEO "12 meses de Teta e Coliño"
Auditorio da Casa de Cultura de Bertamiráns, ás 17:30
Acceso libre e gratuíto a todas as actividades. Os nenos son moi benvidos

sábado, 14 de enero de 2012
Charla de porteo 2012: fotos
![]() |
| 24 mamás e papás aprendimos sobre os portabebés ergonómicos |
![]() |
| Familias coñecidas e tamén outras novas acudiron á charla |
![]() |
| Fular elástico, o preferido por moitas mamás para os primeiros meses |
![]() |
| Un dos bebés máis porteados de Teta e Coliño... pero xa é grande, e agora só quere xogar no chan! |
UN SAÚDO PARA TODOS E TODAS AS ASISTENTES
E GRACIAS A CATHY POR IMPARTIR A CHARLA
¡¡BEBÉ FELIZ, BEBÉ NO COLIÑO!!
jueves, 12 de enero de 2012
Primeira reunión do ano e charla temática: fotos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)

+pk.jpg)