Comezou lendo un trociño do libro de Jorge Bucay "Contos para pensar" . Explicounos como a resposta ante un estímulo depende de varios factores, coma poderían ser a experiencia e o contexto.
As nosas emocións xogan un papel importante no momento que as nosas crianzas teñen un estalido emocional; autocuidarnos, facer unha reflexión diaria sobre como nos sentimos, entre outros, axudará a manter a calma ante éstas situacións e a coñecernos mellor a nós mesmos. Xogando con eles,a través do xogo das caras e/ou ensinándolles libros nos que se mostren personaxes que expresen con xestos as emocións, axudará a que recoñezan que é o q lles pasa. Houbo,ademáis,unha choiva de ideas por parte dos asistentes.
Os libros recomendados,tanto para os máis pequenos coma para os adultos, puidemos coñecelos in situ.
Agradecer a Xoana toda a información que compartiu e a todas as familias asistentes pola súa atención.
sábado, 25 de noviembre de 2017
sábado, 11 de noviembre de 2017
Obradoiro "Fisioterapia respiratoria" Sede de Ames. Novembro 2017
O pasado 11 de Novembro tivemos a oportunidade de escoitar unha interesante charla sobre “Fisioterapia Respiratoria” impartida pola voluntaria da asociación Antía que é nai, asesora de lactancia e fisioterapeuta na sanidade pública galega.
Fixonos unha pequena introducción á anatomía dos nosos bebés e contounos como o seu aparato respiratorio vai evolucionando a medida que van medrando. Falounos da abordaxe como pais da patoloxía respiratoria nos nosos bebés, así como establecer cales son as sinais de alerta para solicitar atención especializada ou saber cales son os recursos disponibles na sanidade pública.
Por suposto falounos das “afamadas” bronquiolites (patoloxía respiratoria máis común en menores de 24 meses de idade) e entendemos un pouco máis de porqué se xeran e cales son os seus síntomas máis frecuentes.
Lembrounos hábitos saudables, os cales se incluen na extratexia da OMS para evitar na medida do posible este tipo de patoloxías, tan sinxelos como son a Lactancia materna exclusiva ata os 6 meses, o hábito de lavar as mans e reducir a contaminación do aire interior dos nosos fogares.
Falounos de que técnicas de fisioterapia respiratoria se empregan actualmente, e cales están esgotadas e os seus inconvintes. Como facer correctamente un lavado nasal dependendo da idade do menor, como evitar que sexa tan molesto para ambas partes e un longo etc.
O final tivemos unha animada rolda de preguntas que Antía respostou dende a súa experiencia tanto como fisioterapeuta como nai da súa pequeña.
Deunos unha proposta que a tod@s nos encantou: facer rir @s nosos pequenos para que teñan unha tos máis productiva.
Moitas gracias a Antía polos seus coñecementos e tempo e a tod@s os asistentes pola súa atención.
sábado, 4 de noviembre de 2017
Premios a igualdade Dolores Martínez Cordero. Sede de Vigo. Outubro 2017
O sábado 21 de outubro tivemos o privilexio de participar nun gran evento: PREMIOS A IGUALDADE DOLORES MARTÍNEZ CORDERO na súa primeira edición!
En primeiro lugar, queremos dar as gracias a AVV Novo Vigo por ternos invitado a este acto onde se pon en valor a igualdade. Esta asociación sempre nos tivo presente desde os nosos inicios, dándonos facilidades para obter un espazo físico onde poder desenvolver parte das nosas actividades.
Tamén queremos dar a noraboa a ALENTO Asociación de Dano Cerebral e Apamp Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral pola súa gran labor social.
Neste acto tivemos a oportunidade de falar de lactancia-maternidade e traballo.
Na nosa intervención fixemos fincapé no relativo a que se respecte a decisión de querer manter a lactancia materna que, tal como recomenda a OMS, debe ser exclusiva durante os primeiros 6 meses e recoméndase manter ata os 2 anos ou máis segundo a decisión de nai e bebé. Para isto precísase un maior apoyo social, sanitario e laboral xa dende o embarazo.
Grazas por seguir facendo de Teta e Coliño parte desta gran comunidade!
sábado, 28 de octubre de 2017
Obradoiro "Alimentación saudable" e Charla FP "Crianza con apego". Sede A Coruña. Outubro 2017
O sábado día 28 de outubro contamos coa presenza de María Pérez Muñoz, dietista e nutricionista, que nos falou sobre a alimentación para maiores de dous anos.
María falou, entre outras cousas, dos mitos con respecto ós superalimentos, o marketing existente ó redor dos produtos que nos queren vender, ... e nos comentou que a pirámide alimentaria xa non existía como tal, senón que había unha reinterpretación; como exemplos púxonos o prato saudable de Harvard e o triángulo de nutrición do Instituto Flamenco de Vida Saudable.
Tamén a ter en conta as diferenzas entre "fame emocional e fame fisiolóxica"; é importante diferencialas para que a nosa alimentación se basee en necesidade física, e poder así consumir o necesario para estar satisfeito.
Comentounos que as comidas sans poden saber ben tamén,e que a presentación das mesmas pode xogar un papel importante para decantarnos por elas; adicar un pouco á cociña e conxelar para os momentos de máis apuro contribuirá a levar unha alimentación saudable.
Para máis información vos deixamos uns enlaces:
www.mariaperezmunoz.com
www.juanrevenga.com/el-comidista/
www.sinazucar.org
Libros recomendados:
Más vegetales,menos animales, de Julio Basulto e Juanjo Cáceres
Mamá come sano,de Julio Basulto
Moitas grazas pola túa colaboración María!
Charla FP Crianza con apego
O xoves día 26 de outubro fomos invitados a dar unha charla sobre "Crianza con apego" no centro de FP Monte Alto, ós alumnos do ciclo de Educación Infantil do réxime de adultos.Silvia Nieto, nai e voluntaria da asociación, falou sobre a teoría do apego, a crianza con apego, a lactancia materna e o apego na escola infantil.
Xurdiu debate xa que hai moitos mitos extendidos, coma que a crianza con apego significa sobreprotección e non poñer límites ós cativos, que a lactancia materna é perxudicial a partir dunha idade, que o coleito pode traer consecuencias negativas para os nenos,...
Con respecto á escola, os alumnos participantes detectaron que para poder levar a cabo unha atención de calidade precisaríase máis persoal. Dende a asociación detectamos que os periodos de adaptación nas escolas infantís, así como a forma de facelo,sen participación da nai ou pai, dificulta a adaptación do bebé nas mesmas.
Silvia ofreceu ademais información sobre a alimentación autorregulada polo bebé (chamado baby led weaning). Contou a súa experiencia como nai e respondeu ás preguntas dos alí presentes.
O tempo pasou moi rápido e quedaron dúbidas no aire, así que animamos a todo aquel interesado que contacte con nós e/ou que asista ás nosas reunións quincenais.
Moitas grazas ó centro de CIFP Ánxel Casal- Monte Alto pola invitación,e en especial a Gema Graña.
jueves, 26 de octubre de 2017
Obradoiros de setembro na sede de A Coruña
Durante o pasado mes de setembro Teta e Coliño na sede da Coruña contou con dous profesionais sanitarios que nos falaron sobre temas que nos preocupan ás familias: os anticonceptivos e a fisioterapia respiratoria.
O sábado día 23 de setembro varias familias puidemos disfrutar dunha charla sobre anticonceptivos e lactancia materna. Alba, matrona, falounos sobre os diferentes métodos anticonceptivos existentes, como os de barreira, os naturais e hormonais, así coma a compatibilidade coa lactancia. Coñecerse a sí mesmas, observando e palpando os nosos xenitais, sería de gran axuda para poder probar os diversos métodos de forma axeitada e despois poder elexir o que máis nos convén.
Ademáis saíu o tema do "abandono" que sufre a muller no puerperio, cando durante o embarazo foi tan controlada. Coidar o solo pélvico, evitar episiotomías innecesarias e, sobre todo, que a muller teña a información adecuada,é clave para a recuperación postparto, o que lle permite tomar decisións e sentirse empoderada.
Por outro lado, o último sábado de mes, contamos coa presenza de Manuel, fisioterapeuta do Centro de Fisioterapia Marineda, que nos falou sobre a importancia da aplicación da fisioterapia respiratoria en determinadas patoloxías, centrándose na bronquiolite (patoloxía respiratoria máis común en menores de 24 meses de idade)
Contounos que xa fai anos que están desbotadas as técnicas tradicionais,coma o clapping, a drenaxe postural,as vibracións,... aclarando que non é preciso provocar o vómito ós cativos para que expulsen o moco, simplemente o expulsarán eles mesmos pola boca ou o tragarán e irá o estómago,e desde alí se desbotarán.
Falou sobre a prevención, a existencia das guías da práctica clínica, os diferentes medicamentos usados (non sempre prescritos xustificadamente,xa que en xeral hai un "abuso" no uso dos antibióticos), dunhas medidas sinxelas para casa e dos lavados nasais,entre outros.
Finalmente mostrounos como eles realizan as técnicas de fisioterapia respiratoria, coma por exemplo, a espiración lenta prolongada e o bombeo traqueal espiratorio, técnicas que non causan dano nos nosos pequenos.
Agradecemos a presenza destes profesionais na nosa asociación, e esperamos contar con eles noutras ocasións.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)