viernes, 1 de febrero de 2013

Vídeo-fórum sobre lactancia

Como mamás lactantes, sabemos o importante de iniciar a lactancia estando informadas, tanto de forma teórica como práctica. Esta é a base da actividade que vos propoñemos para este mes: o acceso a material didáctico de calidade creado por profesionais, combinado con experiencias cercanas aportadas por outras mamás.

O obxectivo será coñecer as luces e sombras da lactancia, para que percorramos este camiño o máis preparadas posible, e disfrutemos plenamente da experiencia.

No vídeo-fórum proxectaremos vídeos que nos mostrarán como establecer unha lactancia feliz, así como a resolución das posibles dificultades que puideran xurdir. Ó remate de cada vídeo haberá pequenas explicacións complementarias por parte da Asesora de lactancia, e sobre todo darase pé a compartir dúbidas e vivencias entre os asistentes. 

A cita é o mércores 6 de febreiro, de 17:30 a 19:30 h. Sala de Exposicións NovaGalicia Banco (A Estrada).

Animádevos a participar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario