SÁBADO
18 DE OUTUBRO 2014
Asociación
de Veciños de Francos (Calo-Teo)
A Asociación Teta e Coliño celebra un novo Encontro de Troco. Podes traer doazóns ou lotes para
trocar, recoller as túas reservas… ou simplemente, vir botar un ollo á
exposición e facernos unha visita!
Se todavía non coñeces o banco ou
queres ver o fondo actual, podes visitalo aquí: Banco de Troco Teta e Coliño
Se necesitas asesoría sobre lactancia,
ou simplemente che apetece pasar un bo rato conversando sobre lactancia,
crianza ou porteo, achégate e aproveita!!
Estaremos alí desde as 12:30 da mañá.
Despois comeremos tipo picnic (dentro do local). Pola tarde continuaremos coa
reunión.
Aviso 1. Imos necesitar voluntarias
para a colocación e recollida da roupiña. Se podes colaborar en algo, avísanos!
Gracias!!
Aviso 2. Para socias: se algunha quere
recoller o seu diploma de lactancia, ou ben levar en préstamo algún libro,
avisade con antelación e volo levamos.
Asistencia libre e gratuíta. Nenas e
nenos son moi benvidos.
COMO CHEGAR:
Desde Santiago
N-550 dirección Padrón
A uns 7 km desde Santiago, veremos o
restaurante San Martiño (está á dereita)
Pasamos o restaurante, e xa atopamos o
cruce para Faramello e Lampai
Saímos nese cruce á dereita e seguimos
A uns 200 metros seguimos a indicación
do cartel de “Capela de San Martiño”, que nos desvía á dereita
O local está ó lado da capela.
Desde Padrón
N-550 dirección Santiago
Pasamos Picaraña. Onde remata o dobre
carril de vehículos lentos, saímos á dereita (dirección Faramello, Lampai),
para así cruzar ó lado esquerdo da Nacional
Imos dar a unha carretera comarcal,
continuamos por ela.
A uns 200 metros seguimos a indicación
do cartel de “Capela de San Martiño”, que nos desvía á dereita
O local está ó lado da capela.
Se te perdes, chámanos e tentaremos
guiarte! teléfono 651111489