Teta e Coliño poñera
en marcha este mes de outubro os seus esperados Grupos de Crianza: encontros de familias con nenas
e nenos ata 6 anos.
Se a proposta che
interesa, non perdas tempo!! os grupos xa case están completos.
OBXECTIVOS
Ampliar conciencia sobre o noso
ser na familia, adquirir ferramentas
para un mellor acompañamento ós nosos fillos, aprender a diferenciar o que é “noso” e o que é “dos fillos”, mellorar na comunicación para que sea respectuosa, educar
con respecto, firmeza, cariño e
xerar confianza na propias decisións.
METODOLOXÍA
Acompañamento desde a terapia Gestalt en grupo, para desde a
“presencia”, o “darme conta” e o “responsabilizarme”, traballamos sobre a
vivencia, os límites e a historia de cada un.
CONTIDOS
Temas habituais: conflictos, soño infantil, alimentación, confianza, tipos de educación,
acompañamento emocional, autorregulación, escolaridade, comunicación,
autonomía, alternativas ó castigo, a propia infancia (dos pais), proxeccións,
mecanismos de defensa, medos e conflictos internos das nais/pais.
Non se necesitará material específico
de traballo, pero si se recomendarán lecturas básicas segundo o grupo vaia
evolucionando.
FACILITADORA
Àfrica Albertí. Psicóloga, terapeuta Gestalt,
especializada en psicoloxía da educación, intelixencia emocional, psicoloxía da
actividade física e en maternidade consciente. Nai de dos nenos de 5 e 3 anos.
TEMPORALIDADE
Datas: outubro
2014 - xuño 2015. Unha sesión mensual (120-150 minutos).
o Grupo 1: venres tarde (18h-20h): DISPOÑIBLES
3 PRAZAS!!!
o Grupo 2: sábados mañá (11h-13h): COMPLETO
Comezo o 24 e 25 de outubro. Consulta no noso correo o
calendario completo.
LUGAR DAS
REUNIÓNS
Casa Común de Os Tilos (Teo)
COSTE E
INSCRICIÓN
É imprescindible
a inscrición previa
O pago realízase por adiantado (por trimestres, ou ano completo). O prezo por TRIMESTRES é o seguinte:
·
FAMILIAS SOCIAS: 30€ un adulto, 45€
dous adultos
·
FAMILIAS NON SOCIAS: 45€ un adulto,
60€ dous adultos
Ø Para
inscricións e máis información: tetaecolinhocrianza@gmail.com
Grupo de traballo Crianza: Alicia
Munín, Sandra Mateo e Sonia García